Vista á exposición: Luz na escuridade

O pasado 16 de maio, o alumnado do 1º curso do Ciclo de Grao Medio de Actividades Comerciais visitou o Museo de Arte Contemporáneo de Vigo para asistir a exposición Luz na escuridade. Un proxecto educativo levado a cabo no cárcere de A Lama no que as persoas reclusas fan vivenciar o seu día a día a través de imaxes fotográficas. Na visita tivemos a sorte de contar coa responsable do proxecto educativo Patricia que nos explicou a experiencia en primeira persoa. Os nosos alumnos e alumnas estiveron acompañados polos profesores Miguel Soto e Noela Martínez. Grazas a Patricia e a todo o equipo do MARCO por permitirnos aproximarnos a arte dende unha nova perspectiva!

Visita a VEPERSA e COPERVI grazas ao programa EduTecEmprende

O pasado 11 de maio, o alumnado do 1º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais visitou Vepersa e Copervi, percentes ao grupo Rumbao. Durante a visita os Directores Xerentes e Comerciais fixeron unha presentación do concesionario, explicando as obrigas e obxectivos en canto a vendas e departamentos. Ademais diso, levouse a cabo unha visita polas instalacións dende a zona de exposición e venda ata a zona de vehículo usado, pasando tamén polo taller. Dende o IES A Guía queremos agradecer tanto ao programa EduTecEmprende como aos profesionais que fixeron posible a visita (Antonio García , Paula Losada e José Fidel) completando a formación do noso alumnado.Grazas!

Fondo de libros e material escolar

O pasado 19 de maio publicouse no DOG a convocatoria para o fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. O prazo de solicitude vai do 20/05/2023 ao 21/06/2023, incluídos.

Pode atopar toda a información na seguinte ligazón: www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Clase de RCP para o alumnado de FPB e Anatomía Aplicada

O pasado día 10 de maio, visitaron o IES A Guía un equipo de médicos do centro de saúde de Sárdoma para impartir unha clase de RCP básica. Participou o alumnado de 1º de FP Básica de Servizos Comerciais e o alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Anatomía Aplicada. Durante a sesión, o alumnado aprendeu como actuar no caso dun esvaecemento practicando con bonecos que o departamento de Educación Física cedeu para a realización da actividade. Dende o departamento de Bioloxía e Xeoloxía e, en xeral dende o IES A Guía, queremos agradecerlle ao equipo médico que se achegou ao centro e a colaboración do dpto. de Educación Física. Grazas!

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer