Skip to Content

Paula Jorge inspira os alumnos e alumnas de bacharelato

A influencer, mestra de inglés e maquilladora Paula Jorge acudiu este xoves 23 de novembro ao IES de Foz para dar unha charla incluída dentro do ciclo 'Inspírate-Inspírame'. O alumnado de 1º de Bacharelato puido gozar da súa espontaneidade e dos seus bos consellos de cara ao futuro.

Se queredes seguila en Tik-tok, o seu usuario é 'paublakmakeuplover' e se queredes ver as súas publicacións de Instagram, podedes facelo no seu perfil pau_jh.

                                    

Un novembro terrorífico

Hecho con Padlet

O alumnado de 1º de ESO corre en Lourenzá

As alumnas e os alumnos de 1º de ESO acudiron este venres 17 de novembro a Vilanova de Lourenzá para participar nunha iniciativa deportiva. A actividade 'Xogade de cros' pretende promocionar o campo a través entre a mocidade.

A xornada desenvolveuse nun día de sol e acudiron tamén rapazas e rapaces doutros centros, polo que puideron compartir a experiencia con alumnado de diferentes lugares da provincia.

              

AULA DE CAPACITACIÓN DIXITAL

Servizo Comedor 2023-24- ANEXO II AUTODECLARACIÓN

04/07/2023 14:04

ANEXO II- MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS

Premios Extraordinarios Bacharelato

PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO.

 

Hoxe, 29 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.

Achégase unha folla resumo das características do premio con indicacións importantes sobre como realizar a solicitude desde a aplicación de PremiosEdu ou desde a Sede electronica. Esta folla pode ser distribuida electrónicamente ou en papel (tamaño A4) entre o alumnado que considere.

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

Becas NEAE

BECAS NEAE

 

Do 30 de abril ao 13 setembro

 

Para alumnado con NEAE

 

Máis información en: 

 

https://www.becaseducacion.gob.es/.../como-solicitarla.html

Probas libres para ciclos formativos LOE/LOXSE Curso 2023-2024

Nos seguintes arquivos toda a información para o acceso ás probas libres de FP deste curso.

 

Máis información: 

 

https://www.edu.xunta.gal/fp/probas-libres-convocatoria-actual

O alumnado de 2º de ESO achégase ao Día de Muertos mexicano

Que sabemos do Día de Muertos, unha das tradicións máis arraigadas en México? Os alumnos e as alumnas de 2º de ESO seguro que saben moito despois da actividade na que participaron o pasado xoves 2 de novembro.

A auxiliar de conversa do CEIP Plurilingüe de Foz Nümero 1, Cristina, deu unha charla en inglés para achegar este costume ás rapazas e rapaces de 2º de ESO.

Acostumados como estamos hoxe en día a todo o que rodea a Samaín e a Halloween, Cristina achegou ao instituto de Foz unha das festas con maior sona no país norteamericano e que máis fama acadou tamén durante os últimos anos en todo o mundo.

Presentacións curso 2023/2024

Distribuir contido


by Dr. Radut