Skip to Content

Un bo plan: unha xincana gastronómica por Ribadeo

O alumnado de Servizos de Foz realizou unha xincana gastronómica por Ribadeo. Esta idea permitiulles coñecer numerosos locais de hostalería da localidade así como aos seus propietarios.

O IES de Foz agradece a colaboración dos establecementos que puxeron o seu selo aos participantes e tamén a Susana Álvarez pola organización da actividade e o seu acompañamento.

A iniciativa foi posta en marcha pola aula de emprendemento do IES de Foz.

                

O alumnado de Servizos afonda no tostado de café

As alumnas e os alumnos de Servizos do IES de Foz desprazáronse ata Ribadeo para entrevistar ao propietario de Delicias Roasters, Óscar Lombardero. Este experto encargouse de explicar aos rapaces e rapazas o proceso de tostado de café e como, co paso dos anos, se foi diversificando o negocio da cafetería.

Ademais, ofreceu una cata de café e unha pequena lección de latte art, que vén a ser a arte de debuxar nas tazas de café para a persoas que acoden a un establecemento de hostalería.

A iniciativa foi promovida pola aula de emprendemento do IES de Foz.

               

Héctor Méndez charla co alumnado de 3º de ESO sobre a violencia contra a muller

O garda civil da Comandancia de Lugo, Héctor Méndez Fernández, acudiu a unha charla no IES de Foz sobre a violencia contra a muller. O alumnado de 3º de ESO tivo a oportunidade de ver unha realidade presente na nosa sociedade, unha lacra que debemos combatir entre todos.

Méndez, que é un dos responsables do Plan Director, compartiu coas rapazas e os rapaces moita información sobre un feito que ten presenza no debate social dende hai relativamente pouco tempo.

                 

Raúl Robles, un alumno de prácticas en Munich

O alumno do IES de Foz, Raúl Robles, do Ciclo Superior de Cociña, leva dende o pasado mes de setembro facendo prácticas en Munich, en Alemaña, grazas ao programa Erasmus+.

Robles está vivindo unha experiencia moi enriquecedora nun hotel da cadea Eurostars da cidade alemá.

                

O IES de Foz acode a Innovatech FP

Un grupo de alumnas e alumnos de Formación Profesional do Instituto de Foz participaron na xornada de presentación de Innovatech FP. O equipo que acudiu á cita coordínase dende a aula de emprendemento.

Os rapaces e as rapazas que participaron na cita darán resposta ao reto proposto pola empresa Diesemm Events sobre turismo deportivo.

            

 

Dende a biblioteca propoñen...

Hecho con Padlet

Dous alumnos de Cociña de Foz, de prácticas en Praga

Dous alumnos do ciclo superior de Dirección de Cociña do IES de Foz, Brandon Ticona e Laura López, están realizando prácticas en Praga dende o pasado 1 de outubro. O establecemento no que están traballando é o hotel Eurostars Thalia da cadea hoteleira Hotusa.

Esta actividade está encadrada dentro do programa Erasmus+ polo que seis alumnos se beneficiarán dunha estadía de prácticas en Europa.

                                              

Alumnas de Bacharelato participan nos actos do 25-N do concello de Foz

Alumnas de Bacharelato do instituto de Foz foron protagonistas nos actos do 25-N organizados polo Concello de Foz. Un grupo de rapazas foron as encargadas de ler textos nos que se insistiu no problema que supón para a nosa sociedade a violencia machista.

                

Alumnado de 3º e 4º oriéntase por Viveiro

O alumnado de 3º e 4º de ESO acudiu este venres 24 de novembro a unha actividade de iniciación á orientación deportiva. A proba celebrou en Viveiro, concretamente no Roq Park.

Esta iniciativa enmárcase dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia. Trátase dunha modalidade deportiva na que o obxectivo é realizar un percorrido marcado nun plano sobre un terreo con puntos de control no menor tempo posible.

               

 

O instituto, no IX Foro Gastronómico 'Galicia sabe a mar' en Cervo

O instituto acudiu este venres 24 de novembro ao IX Foro Gastronómico 'Galicia sabe a mar' en Cervo. Esta xuntanza de profesionais da hostalería converteuse nun escenario para poñer en valor a cociña do mar baixo a temática da sustentabilidade.

O noso compañeiro Higinio participou na mesa redonda do evento.

          

           

          

Distribuir contido


by Dr. Radut