Skip to Content

O IES de Foz acode a Innovatech FP

Un grupo de alumnas e alumnos de Formación Profesional do Instituto de Foz participaron na xornada de presentación de Innovatech FP. O equipo que acudiu á cita coordínase dende a aula de emprendemento.

Os rapaces e as rapazas que participaron na cita darán resposta ao reto proposto pola empresa Diesemm Events sobre turismo deportivo.

            

 

Dende a biblioteca propoñen...

Hecho con Padlet

Dous alumnos de Cociña de Foz, de prácticas en Praga

Dous alumnos do ciclo superior de Dirección de Cociña do IES de Foz, Brandon Ticona e Laura López, están realizando prácticas en Praga dende o pasado 1 de outubro. O establecemento no que están traballando é o hotel Eurostars Thalia da cadea hoteleira Hotusa.

Esta actividade está encadrada dentro do programa Erasmus+ polo que seis alumnos se beneficiarán dunha estadía de prácticas en Europa.

                                              

Alumnas de Bacharelato participan nos actos do 25-N do concello de Foz

Alumnas de Bacharelato do instituto de Foz foron protagonistas nos actos do 25-N organizados polo Concello de Foz. Un grupo de rapazas foron as encargadas de ler textos nos que se insistiu no problema que supón para a nosa sociedade a violencia machista.

                

Alumnado de 3º e 4º oriéntase por Viveiro

O alumnado de 3º e 4º de ESO acudiu este venres 24 de novembro a unha actividade de iniciación á orientación deportiva. A proba celebrou en Viveiro, concretamente no Roq Park.

Esta iniciativa enmárcase dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia. Trátase dunha modalidade deportiva na que o obxectivo é realizar un percorrido marcado nun plano sobre un terreo con puntos de control no menor tempo posible.

               

 

O instituto, no IX Foro Gastronómico 'Galicia sabe a mar' en Cervo

O instituto acudiu este venres 24 de novembro ao IX Foro Gastronómico 'Galicia sabe a mar' en Cervo. Esta xuntanza de profesionais da hostalería converteuse nun escenario para poñer en valor a cociña do mar baixo a temática da sustentabilidade.

O noso compañeiro Higinio participou na mesa redonda do evento.

          

           

          

Paula Jorge inspira os alumnos e alumnas de bacharelato

A influencer, mestra de inglés e maquilladora Paula Jorge acudiu este xoves 23 de novembro ao IES de Foz para dar unha charla incluída dentro do ciclo 'Inspírate-Inspírame'. O alumnado de 1º de Bacharelato puido gozar da súa espontaneidade e dos seus bos consellos de cara ao futuro.

Se queredes seguila en Tik-tok, o seu usuario é 'paublakmakeuplover' e se queredes ver as súas publicacións de Instagram, podedes facelo no seu perfil pau_jh.

                                    

Un novembro terrorífico

Hecho con Padlet

O alumnado de 1º de ESO corre en Lourenzá

As alumnas e os alumnos de 1º de ESO acudiron este venres 17 de novembro a Vilanova de Lourenzá para participar nunha iniciativa deportiva. A actividade 'Xogade de cros' pretende promocionar o campo a través entre a mocidade.

A xornada desenvolveuse nun día de sol e acudiron tamén rapazas e rapaces doutros centros, polo que puideron compartir a experiencia con alumnado de diferentes lugares da provincia.

              

AULA DE CAPACITACIÓN DIXITAL

Distribuir contido


by Dr. Radut