Skip to Content

Blogue de Secretaría

Taboleiro

ADMISIÓN 2024/2025

No taboleiro de anuncios de secretaría están publicadas as listaxes definitivas de alumnado admitido na ESO e en Bacharelato.

Poden consultalas persoalmente ou chamando ao teléfono do centro: 982 870287

 

Axuda libros e material escolar

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024

 

A través da sede electrónica ou presencialmente no centro.

 

Máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Información matrícula ABAU 2024

Alumnado de Educación Especial visita Burela

O alumnado da Aula de Educación Especial visitou Burela.

En Burela, puideron visitar o Barco Museo Boniteiro no porto de Burela e devolveron a visita á Fundación Eu Son. 

Viviron un día diferente no que todo lles resultou moi novidoso.

     

Samos e O Cebreiro gustan ao alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato

O alumnado de Relixión e Portugués de 4º da ESO e 1° de Bacharelato foron coñecer dous tesouros da nosa provincia: o mosteiro de Samos e o poboado do Cebreiro.

Nunha xornada na que o tempo axudou a que estes lugaren lucisen máis fermosos, os nosos rapaces e rapazas percorreron un tramo do camiño,  coñeceron a lenda do Grial e foron acompañados por un monxe polo interior do mosteiro.

Ademáis de gozar da natureza, houbo tempo tamén para unha competición por equipos na que tiñan que demostrar o aprendido durante o día e os gañadores puideron degustar unhas deliciosas galletas do mosteiro.

     

Alumnado e profesorado do instituto participa no concurso Ribadeo de Tapeo

Profesorado e alumnado do IES de Foz participaron este ano na XVIII edición do concurso Ribadeo de Tapeo. Algúns dos profesores do IES de Foz colaboraron como xurado.

Ademais, alumnado en prácticas que se atopa no Parador de Ribadeo tivo a ocasión de elaborar as dúas tapas gañadoras en dúas das categorías do concurso: sardiña mariñada en ceviche de froitas. A tapa doce na que colaboraron na súa elaboración foi xeado de queixo artesán de Queixo do Cebreiro.

     

Bo papel da alumna Ileana Bernardi nun concurso internacional

A alumna do IES de Foz Ileana Bernardi acadou o segundo posto no I Concurso Gastronómico celebrado en Turquía. Na competición participaron dezasete escolas de diferentes países de Europa. 

Ao acudir ao concurso, a alumna do ciclo de Servizos viviu unha boa experiencia internacional que sen dúbida lle servirá para mellorar as súas competencias.

Esta actividade está encadrada dentro do programa Erasmus+ que ofrece a posibilidade de asistir a concursos ao alumnado de ciclos formativos.

     

Un proxecto do instituto recibe un premio no 10º Congreso de Formación Profesional de Sevilla

A directora do IES de Foz, Leticia Maseda, participou no 10° Congreso de Formación Profesional en Sevilla e recibiu un recoñecemento polo proxecto do instituto que se chama 'Del Cafeto a la taza' concedido por CaixaBank-Dualiza.

Este proxecto, que consiste no cultivo de plantas de café en Galicia, realízase en colaboración co IES Bañaderos de Canarias e o CEE Manuel López Navalón de Santiago de Compostela.

     

O instituto, premiado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

O IES de Foz recibiu unha mención especial na VII edición do concurso 'Cantamos con las manos' da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. Alumnado e profesorado do instituto participaron na elaboración dun vídeo ao son da canción 'Morriña', do grupo Baiuca.

O premio do xurado foi para o CRA de Culleredo, na Coruña, e o premio do público para o CEIP de Ardán, en Marín. As outras mencións recibíronas o CEIP Novo Mesoiro da Coruña, e o IES Xesús Taboada Chivite, de Verín.

     

Distribuir contido


by Dr. Radut