Skip to Content

Blogue de Secretaría

PROBAS LIBRES PARA Á OBTENCIÓN DO GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización

INSTRUCCIÓNS

 

SOLICITUDE

Probas para á obtención do título de Bacharel persoas maiores de 20 anos

Probas libres para á obtención do título de Bacharel para maiores de vinte anos

Información

Solicitude

CELGAS 2016 PROBAS LIBRES

 

PROBAS LIBRES CELGAS 2016

 

Convocadas as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016.

* Datas de realización das probas:
Celga 4: 2 de abril de 2016
Celga 2: 3 de abril de 2016

Celga 3: 9 de abril de 2016
Celga 1: 10 de abril de 2016

* Lugares onde se van realizar as probas e niveis.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

* Presentación de solicitudes e prazo.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán formalizar a súa solicitude no modelo normalizado que se publica como anexo I a esta resolución e aboar a taxa que se indica na convocatoria.

Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED114A, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.es e na páxina web http://www.lingua.gal, que permite cubrir e editar a solicitude.

* O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, este entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. (Prazo de presentación do 12/03 ao 11/04 de 2016)

* Contía das taxas de exame.
O importe da taxa para inscribirse nas probas Celga será de 15,61 euros.

 

Adxunto

 

Probas libres CELGAS 2016.pdf

 

Impreso Probas Celgas.pdf

 

»

Máis información no enlace: https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=ED&codProc=114A&procedemento=ED114A

SECRETARÍA CALENDARIO XERAL DAS PAU 2016

Calendario Xeral PAU 2016

TToda a información no seguinte enlace: http://ciug.cesga.es/index.html

Do 17 ao 21 de maio- Matrícula anticipada online para a realización da PAU desde a aplicación NERTA https://www.edu.xunta.es/nerta/

Alumnado que teña aprobado o bacharelato en anos anteriores pero non a PAU/ Alumnado que desexe mellorar a cualificación da PAU/ Alumnado de FP de anos anteriores que estea en posesión do título/ Alumnado de FP do curso actual que desexe realizar a parte específica.

Unha vez dentro da aplicación NERTA, debes "Solicitar unha conta"--Seleccionar "Alumnos con datos académicos en NERTA"-- e introducir o teu DNI. Unha vez feita a solicitude de conta, enviaráseche un correo electrónico coas instruccións necesarias para completar a alta da conta.

Todas as contas de usuario de nerta xestionaranse de maneira independente na aplicación https://www.edu.xunta.es/contausuario, nesta aplicación podes activar a
conta, cambiar o contrasinal, desboquear a conta, etc...As incidencias que poidan xurdir deben dirixirse á UAC no teléfono 881 997701

Unha vez teñas activada a túa conta, para entrar na aplicación NERTA introduce o teu usuario (ueXXXX) e contrasinal.

 

-Do 24 ao 27 de maio- Prematrícula PAU nos centros de secundaria

-Do 27 ao 31 de maio- Matrícula ordinaria PAU nos centros de secundaria. Para alumnado que teña superado o Bacharelato na convocatoria de xuño de 2016.

-Día 8, 9 e 10 de xuño- Realización da PAU (Fases xeral e específica)

Todos os alumnos deben acudir a presentación o primeiro día as 9 horas co seu DNI ou pasaporte.

 

-Día 21 de xuño- Envío dos LERD aos centros, por correo urxente, ás 14 horas das tarxetas de cualificacións provisionais da PAU

 

 

LERD 2 Campus de Lugo
Edificio Biblioteca-Intercentros, planta baixa
Tel: 982 285 900, extensións: 23577/23579/23578
Fax: 982 823560

Correo: sxa.lugo@usc.es

Xornadas Micolóxicas 2015

Xonadas Micolóxicas 

IES de Foz

Organiza: Dpto Hostalería

Colabora: Asoc. Micolóxica "Os Bolouros"

 

 Luns, 09/11/15 SAÍDA CAMPO DO OSO

Ás 09;15 h.Para alumnos de Hostalería

MARTES, 10/11/15 SAÍDA FRAGA VELLA

Ás 09;15 h. Para alumnos de Hostalería

Xoves, 12/11/15 DEGUSTACIÓN,ás 14:30 h na Cafetería de Hostalería

Para profesores do IES e os alumnos participantes na actividade

Persoal non docente.Hosteleiros dá rama profesional 

 

Pódese descargar o cartel do evento  e o menú desde os adxuntos:

Distribuir contido


by Dr. Radut