Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Lingua Galega

Calendario Maio

Entramos no mes de maio, aínda confinadSelados. Pero  vai quedando menos... xa podedes empezar con moita precaución  a volta ao mundo exterior. E seguide traballando así de ben dende as casas, tod@s, alumnado e profesorado. Parabéns dende aquí

Finalistas gala do libro Galego

O  9 de maio é a data da Gala do Libro Galego. Este ano vai ser ben diferente e a celebración terá que agardar un chisco, mais si se fará público cales son as obras gañadoras en cada categoría. Desde a organización pedíronlle ás persoas finalistas un vídeo presentándose e aquí está Antía Yáñez coa sua novela #bewater publicada en #cuartodeinverno. 

 

Día Do Libro

O Taboleiro Confinado ABRIL

Xa non hai que explicar a razón desta versión do Taboleiro da lingua que adoita estar no pasillo do primeiro andar do Centro... premede no enlace para visitar a versión dixital deste mes de Abril

https://padlet.com/proffrancaism/dyzyao2d1wf5tq6j

Calendario Abril

Segue pasando o tempo, pero

Imaxes do Patrimonio 2

Baixo a coordinación do EDLG, dende o IES Plurilingüe Fontexería levamos varios cursos participando no Certame "As Imaxes do Patrimonio, convocado pola Asociación "Ponte...nas Ondas"  grazas á implicación de profesorado, alumnado e familias. Desta volta, a actividade desenvolveuse cos rapaces e rapazas de 3º ESO. E se ben ningunha das fotografías resultou premiada no concurso, a maior recompensa xa a obtivemos: atesourarmos unha parte de nós.

#ErrantesPoloMundo_rdc_20

O pasado xoves día 20 de febreiro celebramos no Centro o Día de Rosalía. Na Biblioteca, e durante os dous recreos, houbo diferentes actividades: lectura do manifesto da aelg, asinado este ano por Daniel Asorey, presentación dos traballos de alumnado de 1º e 4º da ESO ao redor de versos rosalianos, regueifas de 1º ESO e un Kahoot sobre a autora para rematar de maneira lúdica esta xornada.

FontecallRosaliano

Esta semana de celebración do Día de Rosalía, parte dos membros da Comunidade Educativa do noso Centro (persoal, alumnado e profesorado) participaron co seu bo humor no posado colectivo (xa tradicional) do Instituto. Aquí deixamos o enlace coas divertidas instantáneas...

Teatro Pelos Na Lingua

Dentro das actividades complementarias do Departamento de Galego e do EDLG está recollida a asistencia a obras de teatro. Desta volta, o alumnado de 3º ESO do IES Plurilingüe Fontexería-Muros viaxou o martes día 21de xaneiro a Santiago para asistir, no Salón Teatro, á representación da obra Pelos na Lingua, a cargo da compañía Talía Teatro. Neste enlace aparecen imaxes da actividade, que foi moi ben acollida polo alumnado.

Fontexería Opina e Divulga

No taboleiro do corredor de 2º Bac xa están expostas as copias dos traballos do alumnado do curso 18-19 que foron publicadas en La Voz de Galicia en diversos números. Animádevos a pasar por ese corredor se aínda non o fixestes!

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut