Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Lingua Galega

O Taboleiro Confinado Xuño

Pois xa chegou XUÑO... e imos desescalando....

Aquí tendes o enlace do noso taboleiro virtual

https://padlet.com/EDLGFontexeria/4a3rhw4dj90vdhlx

 

Xuño

Esta é a fermosa imaxe para este mes de desconfinamento... ánimo!

Confinamento nas Ondas_3

Pois xa chegou o terceiro programa radiofónico do alumnado de 1º ESO B1 do Centro. Desta volta, reportaxe, publicidade, entrevista e sección musical van da man de Laura Caamaño e Marcos Lago, coordinados e dirixidos por Olalla Liñares.

Premede no enlace para disfrutar da emisión

Cartaces LETRAS GALEGAS

Desta volta presentamos os traballos de parte do alumnado de 1 ESO (Jesús Lema, Antía Neira e Isona Torres) coordinados pola profesora Berta Núñez. Parabéns polo esforzo e colaboración nestes días de confinamento.

Dia das Letras Galegas

Serie de caricaturas de Carvalho Calero elaboradas por SiroO escritor, filólogo e lingüísta Ricardo Carvalho Calero naceu na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua... e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela.

Radio Fontexería: Confinamento nas Ondas

O alumnado de 1º ESO B1, baixo coordinación da docente de Lingua Galega Olalla Liñares, está desenvolvendo neste 3º trimestre un proxecto de radio. A través dun podcast que se pode escoitar aquí, cada semana elaboran un programa de radio baixo o nome Confinamento nas Ondas. O espazo inclúe contidos diversos: noticias, crónicas, entrevistas, narracións, poesía, regueifas, música, receitas de cociña, anuncios... Animámosvos a que escoitedes o programa.   

Nas redes de ponte...nas ondas!

 

Premede no enlace se queredes ver a divulgación do traballo do libro das Imaxes do Patrimonio 2...

http://pontenasondas.org/as-imaxes-do-patrimonio-unha-peneira-desde-muros/

Letras Galegas

Avanzamos pasesiño cara a unha nova normalidade, no mes das Letras Galegas. 

Léxico Covid

O taboleiro da lingua MAIO

Seguimos confinad@s. Segunda entrega, xa que logo, do noso Taboleiro da lingua, no que iremos pendurando contidos ao longo deste mes no que o Día das Letras tamén se ve adiado...

Premede no enlace para o Taboleiro virtual, que xa ten, entre outros contidos, o primeiro programa de radio deste curso feito no Centro... Afortunadamente, o Covid19 non o paraliza todo...

 

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut