Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Lingua Galega

#entroidoxería...improvisando e agasallando

Nestas xornadas previas ao Entroido tamén houbo momentos para a improvisación (fundamentalmente en 2 ESO A e B, baixo a supervisión da profesora Olalla) que quedaron recollidos nesta pequena escolma, na que tamén está un video  coa entrega de agasallos aos mellores disfraces do venres 12... "

www.youtube.com/watch?v=QqyCmpHgbDE

Entroidoxería21


 

De luns a venres, na segunda semana de febreiro, no Centro andivemos provocando a don carnal.... O meco mandaba ben o que había que facer cada día. O vídeo do enlace é o resumo en imaxes da semana de Entroido vivida no IES Plurilingüe Fontexería de Muros. A pesares das resticións, o humor que non falte!! A disfrutar que son dous días ( ou tres...) !

7 febreiro #DiadosMediosenGalego #Moitoquesachar

 

 Adaptacións Redes Sociais_Publicación Facebook_0.png

Dia de Rosalía

Como cada ano a AELG propón unha serie de actividades para esta data, nas que o alumnado e profesorado do Centro participa activamente curso tras curso. Desta volta a proposta ten un carácter máis "moderno"... o baile e a música protagonizan as actividades baixo os cancelos #rdc_21  e  #TeusDocesCantares

O taboleiro FEBREIRO

Pois chegado o tempo das máscaras, das que nos gustan!!! aquí vai o enlace para o noso Taboleiro virtual

https://padlet.com/edlgfontexeria1/7u9pgdl0tmf508jt

Calendario FEBREIRO

Esta é a imaxe que o EDLG escolleu para ilustrar este mes de febreiro. Corresponde a un dos traballos realizados no curso pasado para participar no Certame das Imaxes do Patrimonio  da Asociación PNO.

 

Dia Escolar da Non Violencia e a Paz

O grupo de 2º ESO B, por iniciativa do alumno Javier González, compuxo unha serie de coplas de regueifa arredor do Día Escolar da Non Violencia e a Paz (30 de xaneiro). Trátase de coplas que promoven o bo trato e condenan a violencia nas súas múltiples manifestacións, coma o racismo ou o machismo.

NadalCalero2020

O alumnado de 2º ESO do Fontexería participou na  Leitura cooperativa-expansiva de Carvalho Calero que organizou o ENDLG do IES do Milladoiro. Velaquí o recitado colectivo dos poemas 'Esculca' e 'Evocazón da infancia perdida', co que se creou a felicitación de Nadal tan orixina que veredes se abrides o adxunto

O Taboleiro da Lingua XANEIRO

Pois chega o novo ano que inicia este segundo trimestre do curso. Agardamos dende aquí que todo vaia o mellor posible! E con xaneiro chega tamén a edición virtual do noso taboleiro que, coma sempre, irá alimentándose de novas ao longo do mes.

Premede no enlace para botarlle unha... ou varias olladas!

https://padlet.com/EDLGFontexeria/r5kzz7o232pweask

Calendario Xaneiro

 

Para iniciar este ano 21, renovamos imaxe do noso calendario. Desta volta os meses traen o recordo das imaxes  de traballos realizados polo alumnado nestes últimos cursos. Iniciamos a serie coa instantánea de Iria Martínez, gañadora do 4º Premio do certame " As imaxes do Patrimonio" de PNO 2018.

 

 

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut