Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Lingua Galega

Calendario Xaneiro

 

Para iniciar este ano 21, renovamos imaxe do noso calendario. Desta volta os meses traen o recordo das imaxes  de traballos realizados polo alumnado nestes últimos cursos. Iniciamos a serie coa instantánea de Iria Martínez, gañadora do 4º Premio do certame " As imaxes do Patrimonio" de PNO 2018.

 

 

Premios Concurso Magostoxería

Unha vez visionados os traballos presentados, o xurado decidiu entregar dous premios, deixando desertas as demais categorías. Dende aquí reiterar as grazas pola participación, e agardamos maior seguemento en vindeiras convocatorias! Deixamos o enlace da entrega de premios que tivo lugar no Salón de Actos do Centro o venres 4 de decembro, así coma un adxunto que inclúe os nomes das persoas gañadoras. Parabéns!

I Concurso de vídeo-creación Magostoxería

Neste enlace tendes o vídeo que recolle os traballos presentados para o concurso. Finalmente recibimos cinco creacións. Mirade e a ver que vos parecen!

 

https://www.youtube.com/watch?v=pnu3RW3ysFQ

O Taboleiro da lingua. Decembro

E xa de novo o taboleiro virtual que irá recollendo novidades ao longo deste mes de decembro.  Premede no enlace.... E boas consultas!

https://fr.padlet.com/EDLGFontexeria/wvjfy4p6y162c0pm

Calendario decembro

 

Remata este ano tan estraño. Aquí deixamos a imaxe que o pecha no noso calendario. A ilustración corresponde de novo a Ana García Fdez. de 1 Bac. Dende o EDLG expresámoslle a nosa GRATITUDE polas colaboracións!

25N - Quítalle a máscara á violencia de xénero

Velaquí unha mostra da exposición fotográfica "Quítalle a máscara á violencia de xénero", actividade realizada polo equipo de Dinamización de Igualdade do IES Plurilingüe Fontexería arredor do 25N. Premede na ligazón para ver o resultado e nos anexos para ver algúns materiais. E grazas á xente que participou!

https://youtu.be/iLKfB9H86UM

O podcast do alumnado do Centro na Radio Galega

O pasado martes día 3 dentro do programa da Radio Galega "Diario Cultural" emitiron o podcast premiado do noso alumnado. Se queredes escoitar o corte, premede o enlace e buscade a partires do minuto 47.

https://www.crtvg.es/rg/hora-a-hora/fecha:03-11-2020/undefined:Reproducir/hora:10:00

Taboleiro Novembro

Entre cogomelos e castañas situamos o taboleiro deste mes de novembro (que agardamos sexa tranquilo) coa ilustración da alumna de 2 Bac Lucía Senande no noso calendario.  Premede no enlace para velo, e lembramos que o taboleiro virtual vaise actualizando ao longo do mes...

https://es.padlet.com/EDLGFontexeria/a5hbf7xbif678kx2

Día das Letras Galegas

A Real Academia Galega non celebrará este sábado, 31 de outubro, o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero, que ía desenvolverse a partir das 12:00 horas na sede da institución, na rúa Tabernas, 11 da Coruña.

Premio no II Concurso de Podcasts-Radio na Biblio

Este venres 30 recibimos a fantástica nova do premio acadado pola profesora Olalla Liñares e parte o seu alumnado de  galego de 1 ESO do curso pasado ( agora xa en 2º ESO!) no  II Concurso de Podcasts-Radio na Biblio

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut