Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Lingua Galega

Magosto 19

Un curso máis, o IES Plurilingüe Fontexería celebra o magosto con esquis cooperativos, tirando da corda, arrastrando mortos, xogando coas cadeiras, con culleres e castañas, correndo con sacos, tirando botes, collendo o pano, tirando o trompo, recollendo mazarocas... e por suposto asando e comendo saborosas castañas de Verín. Aquí tendes boa proba...

 

 

https://youtu.be/YHprAyvQ6hk

I Encontro Dixital Na Biblioteca

O pasado luns 28 o alumnado do IES Plurilingüe Fontexería falou via Skype con Patxi García Novo, enxeñeiro de Outes residente no Xapón. Este foi o I Encontro Virtual da Biblioteca, actividade que empeza a funcionar este curso, e que agardamos teña continuidade. A charla resultou, segundo o alumnado, moi interesante. No enlace adxunto tendes unha escolma dalgúns momentos da charla, así coma fotos da actividade 

Cabazas de Samaín

A aula creativa da Biblioteca segue a pleno rendemento. Desta volta parte do alumnado de galego 1º ESO prepara cabazas para o Samaín. Pemede no enlace para ver as imaxes

https://youtu.be/X6ELTzTQokU

 

E este foi o resultado final

II Certame Sobremesas do Magosto

Por segundo ano, o EDLG convoca o Certame gastronómico ao redor da castaña. Xa dende hai un mes os cartaces coas bases están pendurados nos diferentes taboleiros e por algunhas paredes do Centro. Lembrade que hai tres categorías : orixinalidade, sabor e presentación, e que a sobremesa ten que vir acompañada da receita escrita.

Animádevos a participar

Para máis info, premede no arquivo adxunto

Samaín 19

Samaín achégase, e para celebralo, parte do alumnado de galego 1º ESO realizou con Berta Núñez, na aula creativa da biblioteca, uns traballos que estes días decoran a entrada do Centro

Día Europeo das Linguas

  Premede neste enlace para consultar actividades e artigos sobre esta data sinalada

 

https://edl.ecml.at/Home/tabid/1455/language/gl-ES/Default.aspx

Gala de entrega de premios Certame Enreguéifate

 Unha pequena lembranza para iniciar este novo curso 19-20

Premio Certame Enreguéifate 2019

Carreira Solidaria e Foliada fin de curso

Este venres 21 , para rematar curso, no Ies Plurilingüe Fontexería tivo lugar a xa tradicional Carreira Solidaria (e andaina), a beneficio, nesta  VI edición,  de Médicos sen fronteiras. A actividade, coma en anos anteriores, estivo organizada por Lita Lago. E coma fin de festa, e previa á entrega dos agasallos da Carreira, houbo tamén unha Foliada de baile e música tradicionais,  organizada por Marta Cruz e Olalla Liñares.

Premendo no enlace veredes un resumo desta xornada festiva.

4 Día das Galegas nas Letras

Un ano máis, o EDLG conmemora, neste terceiro trimestre, o Día das Galegas nas Letras,  iniciativa que xurdiu como unha forma de dar visibilidade e pór en valor as escritoras máis sobranceiras da nosa literatura.  Begoña Caamaño Rascado é a autora homenaxeada na cuarta edición.

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso