Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Lingua Galega

"Elisa e Marcela" analizada polo alumnado

No mes no que se celebra o Orgullo LGTBI, difundimos este vídeo no que o alumnado do IES Fontexería analiza a peza teatral 'Elisa e Marcela' da compañía A Panadaría. Trátase dunha obra que está a gozar de grande éxito a nivel galego e estatal. Nela recóllese a historia destas dúas mulleres galegas que a principios do século XX casaron pola Igrexa,  para o cal unha delas tivo que facerse pasar por un home, converténdose no primeiro matrimonio homosexual da historia do país.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS Antonio Fraguas

Dende o EDLG compartimos neste día  das Letras Galegas 12 vídeos creados por Acuarela Comunicación coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Son anacos de conversas con Antonio Fraguas gravadas poucos meses antes do seu pasamento polo director de cinema Xan Leira. Premede no enlace para acceder a eles:

As Imaxes do Patrimonio 19

Por segundo ano consecutivo, o alumnado do Centro participa no certame "As imaxes do Patrimonio" convocado pola Asociación "Ponte nas Ondas". Desta volta, o Departamento de Galego, da man da profesora Olalla Liñares García, enviou varios traballos correspondentes ao grupo de 3º da ESO. Agardaremos ao inicio do próximo curso para ver os resultados, pero xa dende aquí indicar que os traballos presentados "non están mal..."

 

23 abril

Neste día do Libro, unhas recomendacións... Boas lecturas!

 

TRINTA SEMANA CULTURAL

O EDLG e o Departamento de Galego colaboraron, un ano máis, nas actividades desta XXX Semana Cultural do IES Plurilingüe Fontexería.

 

DíaDeRosalía_19

O venres 22 de febreiro celebramos no Centro o #DíaDe Rosalía_19. O alumnado de 1º Eso que fabricou as chapas conmemorativas cos deseños de dúas alumnas de 3º ESO repartiunas polas aulas e outros espazos do IES Fontexería, ao tempo que lía tres poemas da autora. Este video resume as actividades no Centro, que remataron na Biblioteca co recital que xa figura na web.

 

https://youtu.be/qGXWPiH6kMA

#DíaDeRosalía Recital na Biblioteca

 Tal e como indicabamos na estrada anterior, o venres 22 no 1º recreo Maruxa Formoso e Lara Reimúndez, alumnas de 1º Bac B, interpretaron na Biblioteca unha versión musicada do poema "Adiós ríos, adiós fontes".

Dende aquí GRAZAS ás dúas. E agradecemos tamén a axuda de Alfonso biblio coas imaxes, e de Sacau vice co material de audio. Premede aquí para ver o video

https://youtu.be/5b6qEMQacYk

DÍA DE ROSALÍA - RECITAL MUSICADO

Dentro das actividades previstas para o Día de Rosalía, durante o primeiro recreo do venres 22 vai haber na BIBLIOTECA un "Recital Musicado", no que Maruxa Formoso e Lara Reimúndez de 1º Bac B, interpretarán unha peza da grande autora. Dende aquí quedades tod@s convidad@s !

Debuxos "A miña Rosalía"

Rematado o prazo para a presentación das creacións artísticas do alumnado, o EDLG xunto ao departamento de Galego decidiu traballar coas dúas únicas imaxes entregadas polas alumnas  Claudia Fernández e Maira Martínez, de 3º ESO.

Fontexería Opina e Divulga

Dende o Departamento de Galego promóvese unha actividade de redacción de artigos de prensa en colaboración coa edición do Barbanza de La Voz de Galicia.
Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut