Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Lingua Galega

Actividades XIX Semana Cultural

Coma en anos anteriores (e xa van con esta 29 edicións!), o IES Fontexería celebrou a súa "Semana Cultural" entre os días 19 e 23 de marzo.

Actividades Día de Rosalía

O venres 23 de febreiro conmemoramos no Instituto o Día de Rosalía con diferentes actividades que se foron preparando nas semanas previas, e que podedes consultar nestas entradas:

Exposición Pergamiño Vindel

Dentro das actividades programadas neste curso polo Departamento de Galego do IES Plurilingüe Fontexería, coa colaboración do EDLG,  o pasado luns día 19 de febreiro a maioría do alumnado de 1º Bac, así coma tres alumnos de ESA, visitaron (acompañad@s polas profesoras Carmiña, Luchy, Manuela e Chus) o Museo do Mar de Vigo, coincidindo coa excepcional exposición do Pergamiño Vindel. 

No seguinte enlace tendes un pequeno resumo en imaxes da actividade

 

https://youtu.be/BFg0g0Cf3RQ

 

 

Día internacional da lingua materna

 

 

O mércores 21 de febreiro conmemórase o Día internacional da Lingua Materna. Para visibilizar esta xornada, o EDLG do Centro foi colocando unhas imaxes (unha cada semana) aludindo ao tema no corredor do primeiro piso, ...entre a aula de 4º da ESO e a de Linguas clásicas... a derradeira imaxe será colgada, xa que logo, coincidindo coa data indicada. Dende aquí quedades invitad@s a visitar a pequena mostra

Resultados concurso Lingua de namorar

Durante todo o mes de xaneiro polos diferentes taboleiros do Centro avisabamos da convocatoria dun concurso de micro historias co amor como tema central "Lingua de namorar". Parece ser que no Centro non tivo moito seguemento... aínda así deixamos aquí o renlace para consultar as pezas gañadoras, así como todas as historias participantes... a modo de exemplos para vindeiras edicións, nas que agardamos participedes..

Obradoiro con Eli Ríos

Dentro das actividades programadas polo Departamento de Galego do Instituto, desta volta organizamos, previa lectura no primeiro trimestre da súa obra LUNS, un Obradoiro coa autora Eli Ríos. 

O martes 19 de decembro, e xa como peche do trimestre, durante as dúas últimas sesións da mañá, o alumnado de 1º Bacharelato asistiu a unha charla/obradoiro coa escritora.

MUROS en negro

Logo da preparación nos días anteriores, o venres 24 de novembro o Centro vestiuse de negro para unirse así á campaña contra a violencia de xénero. Parte das actividades quedan recollidas neste video... premede no enlace para ver as imaxes

https://youtu.be/XOmEFnncqy4

Magosto 17

 

Un curso máis, no IES Plurilingüe Fontexería celebramos o magosto con xogos tradicionais. Desta volta, os equipos do alumnado participante levaban como distintivo as imaxes dos diferentes tipos de castañas que se poden atopar en Galicia. Estas imaxes tamén decoraron durante toda a semana os diferentes corredores do Centro, e no Taboleiro da Lingua un pequeno texto recollía datos sobre os tipos de castañas, e un mapa da Comunidade os situaba xeograficamente  

 

XOGO do SAMAÍN e máis

 

Para pasar un rato entretido...

Premede no enlace para xogar... a ver cántas sabedes!!

 

xogosamain.html

 

E estes días polo  Centro apareceron unhas imaxes que nos ambientan nestas datas..

Rosalíate

 

Este é vídeo que se realizou para celebrar o Día de Rosalía de Castro

 

 

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut