ANUNCIO
CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE CAFETARÍA DO IES FARO DAS LÚAS DE VILANOVA DE AROUSA.
De acordo coas instrucións 7/2017 do 30de maio, realizase a contratación do servizo de cafetaría por medio de concurso público e de acordo coas seguintes bases.
O prazo de presentación de instancias queda aberto dende o 8 de xuño de 2017 ata ás 12:00 horas do 16 de xuño de 2017. Os impresos poderanse recoller na Conserxería do centro e entregaranse persoalmente en dirección en horario de 9:00 a 14:00 horas.