Skip to Content

CELEBRAMOS O MAGOSTO CON XOGOS TRADICIONAIS

Este pasado martes día 9 de novembro voltamos celebrar o Magosto! E que mellor xeito de honrar a tradición do país ca coñecendo os xogos tradicionais galegos. Grazas ao profesor de E.F., Kito Parada, o noso alumnado pasouno en grande con xogos coma o do Espigo, o da Ra, o da Porca, o dos Pateadores, o do Faquir, o da Bólas celtas, o dos Foles, o do Curruncho, o das Picas, o do Quebracabezas do vinte e catro, o das Pirindolas con furados... E moitos máis! E así, con xogos e castañas asadas, puidemos albiscar un pouquiño da antiga normalidade. Deixamos aquí unhas imaxes e un vídeo-resumo da actividade. E para ver o álbum completo coas fotos de todo o alumnado, preme na seguinte imaxe:

CASTING DE PELÍCULA

Convócase un casting para seleccionar participantes nun filme que se vai gravar na Illa de Arousa. Preme na imaxe para consultar os detalles do casting:

FORMACIÓN SOBRE O TEA

PREMIOS DOS CONCURSOS DE SAMAÍN

LIMPEZA DE PRAIAS

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) ven de convocar a X Edición de Limpeza Simultánea de Praias, que tivo lugar o pasado venres 15 de outubro. O alumnado de 1º ESO do Faro das Lúas, xunto co alumnado dos nosos veciños do IES A Basella, participou nesta actividade de concienciación da importancia de manter as nosas praias libres de plásticos e outros lixos.  Acompañados do profesorado participante, dirixíronse á praia das Sinas e puxéronse mans á obra. Aquí vos deixamos algunhas imaxes da saída, e se premedes AQUÍ, podedes ver o álbum completo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut