Skip to Content

O alumnado de 4º ESO visita o Salón EDUGAL

O venres 14 de febreiro o alumnado de 4º ESO visitou o CIFP A Xunqueira e o 9º salón EDUGAL.

No CIFP A Xunqueira coñeceron a súa ampla oferta profesional mediante unha visita guiada preparada polo profesorado e alumnado do centro. Visitaron os diferentes obradoiros onde lles fixeron unha pequena presentación dos ciclos, as súas características, ámbitos profesionais e saídas laborais. Neste curso académico este centro conta con ciclos formativos de grao medio, superior e básico, nas familias profesionais de Electricidade, Mantemento de Vehículos, Madeira e Moble e Servizos Socioculturais e á Comunidade.

Ao rematar a visita acudiron ao Salón EDUGAL (Salón de oferta de educación e formación de Galicia), no que se puideron informar e asesorar sobre as diferentes opcións de formación que se ofertan en Galicia. Nos stands e expositores estaban as tres universidades, centros de ensino medio, CIFPs, asociacións, funadacións, empresas e escolas de arte, entre outros.



page | by Dr. Radut