Skip to Content

Obradoiro de igualdade

O pasado martes 14 de xaneiro o noso alumnado de 1º e 2º ESO participou moi activamente na 3ª sesión do obradoiro En pé de Igualdade impartido por Ramón Molina (responsable de Arelar Xestión Socioeducativa).

Despois de analizar en sesións anteriores, dende unha perspectiva crítica, os estereotipos e prexuízos derivados dunha estrutura social patriarcal e as manifestacións cotiás con sesgo de xénero, na sesión do martes  traballaron mediante o estudo de casos, aspectos como o control e a violencia simbólica exercida nas relacións de parella ou a xestión desigual dos espazos escolares (por exemplo: recreos, actividades, xogos...)

Mediante este obradoiro preténdese sensibilizar ao alumnado e fomentar unha opinión crítica sobre aquelas situacións de desigualdade de xénero presentes na nosa vida diaria.

 

 



page | by Dr. Radut