Skip to Content

Charla de igualdade con Verónica Boquete

Hoxe tivemos a visita da futbolista internacional, Vero Boquete, ó noso instituto, coma parte das charlas de Igualdade que se organizan no IES Faro das Lúas.
Ás once da mañá e aproveitando as boas condicións climatolóxicas recibimos a Vero Boquete na pista do centro na que se atopaban todos/as os/as alumnos/as do centro. Vero Boquete se presentou como : "Futbolista e muller", posto que o motivo da visita é traballar un pouco maís o tema da igualdade e mostar as diferenzas que se encontrou na súa premiada carreira polo feito de ser muller.
Vero Boquete comentou a súa traxectoria deportiva e profundizou en aspectos como os seus inicios no mundo do fútbol e todas as dificultades coas que se atopou. 
Os/as alumnos/as fixeron numerosas preguntas coas que íamos coñecendo aspectos da súa vida.
A charla foi moi amena e participativa, e o final deleitoumos cuns toques de balón e o momento máis desexado polos alumnos/as foi cando firmou autógrafos.
Tamén aproveitando que era o día internacional da radio, se lle fixo unha entrevista na nosa radio escolar.

Vero BoqueteRadio Vero Boquete



page | by Dr. Radut