Actividade de convivencia das familias e profesorado do Faro das Lúas : "Chocolate con estrelas"
O vindeiro venres 14 de setembro faremos unha actividade de convivencia para familias, alumnado e profesorado do IES Faro das Lúas, que consistirá nunha charla explicativa, observación astronómica e degustación de chocolate baixo as estrelas.
Esperamos a participación de tódolos membros da comunidade do Faro das Lúas.