IV Encontros por unha convivencia positiva
Os dias 28 e 29 de Abril, tres alumnos e alumnas e profesorado do IES Faro das Lúas participamos xunto con alumnado , profesores e familias de preto de 20 centros educativos en dúas interensantísimas xornadas en Pontedeume, os IV encontros por unha convivencia positiva (mediación escolar).
Desta volta estivemos a traballar a xestión das emocións, algo vital para as persoas. Comezamos o dia 28, logo dun produtivo openspace entre alumnado, profesorado e familias, onde puidemos coñecernos a nós mesmos un pouco máis, intercambiar experiencias en xogos e dinámicas de grupo e profundar na galaxia das emocións da man de Rafael Bisquerra.
O dia 29 participamos en diversas charlas sobre titoria entre iguais e obradoiros de relaxación, para rematar cunha maravillosa andaina nas Fragas do Eume.
Grazas a todos/as pola colaboración e o IES Fragas do Eume polo gran anfitrión que foi.