Skip to Content

RUTA QUETZAL 2024

Ábrese o prazo de inscrición para participar no programa didáctico-aventureiro Ruta Quetzal, que terá lugar en xullo. Está dirixido ao alumnado nacido en 2008.

Este ano, a expedición conta co patrocinio da Xunta de Galicia e denomínase EXPEDICIÓN 2024, DEL CAMINO DE LA PLATA A LA RIBEIRA SACRA . Os 200 participantes seleccionados partirán dun campamento en Vilanova de Arousa e seguirán a ruta que podedes consultar nesta ligazón.

Para inscribirvos, tedes que cubrir o formulario que podedes atopar premendo nesta ligazón: formulario de inscrición

Necesitaredes unha fotocopia do DNI (pdf), o certificado de estudos coa nota media de 3ºESO (pdf) e unha foto tamaño carnet (png ou jpg).

O prazo de inscrición finaliza o 1 de marzo ás 12 do mediodía.

Cada participante deberá aportar unha cuota de 250€.

Hai 10 prazas reservadas para rapaces e rapazas das catro localidades que conforman a corporación Mar de Santiago (Vilanova, Catoira, Valga e Pontecesures), que serán escollidos polas súas cualificacións académicas.

Tedes toda a información na páxina web de Ruta Quetzal:

www.rutaquetzal.com

 



page | by Dr. Radut