Skip to Content

MARZO, MES DA IGUALDADE

No noso IES aproveitamos a celebración do 8M para adicar o mes a

realizar actividades que poñan o foco na reivindicación da igualdade real

entre homes e mulleres.

 

Para nós todos os días son 8M e marzo é o Mes da Igualdade.

 

Alumnas e alumnos de diferentes cursos acompañaron aos profesores Kito

Parada, Lidia Bermúdez e Andrea Pérez a unha representación teatral no

Auditorio do Grove no marco do Proxecto Mulleres en Acción -

Violencia Zero da Deputación de Pontevedra. As marabillosas Xela

Marx e Elsa Pereira e a súa obra "A tecedora do tempo" mostráronnos,

dende a perspectiva da personaxe mítica de Ariadna, o paso do tempo na

vida das mulleres esquecidas. Unha performance que nos fai reflexionar

sobre o lugar que debemos ocupar na sociedade como personaxes activas

e loitadoras.

 

Tamén contaremos, ao longo do Mes da Igualdade, con varios obradoiros

sobre oficios, historias, testemuñas e proxectos de mulleres senlleiras e

próximas a nós que loitan día a día pola igualdade.

 

Ademais, o venres día 10 recibimos a visita de Esther Buela ao noso

centro. Veciña de Vilanova de Arousa dende fai uns anos, Esther

mostrounos a súa historia a través da súa testemuña. Unha historia de

dor, sacrificio, maltrato, violencia e sobre todo superación. Un

camiño de superación que Esther acompaña a diario con charlas de

divulgación en centros coma o noso, narrando a súa historia para que

alumnas e alumnos de diferentes idades vexan en primeira persoa como se

mostra a violencia dende os seus inicios. 

 

Dende o Faro das Lúas agradecemos infinitamente a Esther a súa

cercanía, humanidade e xenerosidade neste día.

 

 

O 8M e a literatura

 

Biblioteca do Faro das Lúas e o Departamento de Igualdade

presentounos unha mostra dalgunhas das escritoras máis relevantes na

literatura galega e tamén internacional. Dende Xela Arias

ata Virgina Woolf pasando por María Hesse, creamos un recuncho de

lectura onde o noso alumnado pode ver, ler, tocar e falar de todas as obras

presentadas. Esperamos que vos guste!

 

Deixámosvos cun pequeno vídeo-resumo das actividades e coa posibilidade

de descargar todas as fotos premendo nesta ligazón.

 



page | by Dr. Radut