Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2017-2018

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Estamos a celebrar a Semana das Letras Galegas e queremos convidarvos a que a festexedes con nós. Este ano adícase a Mª Vitoria Moreno, unha escritora pioneira da literatura infantil e xuvenil.

O Instituto Eusebio e as actividades das Letras Galegas na Televisión de Galicia, a partir do minuto 33:26:

Traballos feitos polos alumnos coordinados polo Departamento de Lingua e Literatura Galegas en colaboración co Departamento de Debuxo:

Ligazón ao blog da Biblioteca "O Faro de Sofía":

Excursión de alumnos de Relixión de 3º e 4º de ESO polo Salnés

Polo Salnés da man de Xulio Cuba, Mar Naveira, Gloria Lamas e Antonio Fondo. Visitamos a Lanzada, Armenteira e Cambados.

Entrega de Diplomas da Fase Local da Olimpiada de Química

Victoria Blanco recibiu o diploma por ser premiada na fase local de olimpíada, e Carmen Paz e David Carreiras por ter participado na mesma.

Victoria Blanco participa na fase nacional

Victoria Blanco, premiada na fase local

Participación na fase local

 

Celebración do Festival da Francofonía

Onte, día 8 de maio, tivo lugar en Vilanova de Aorusa a 10ª edición do festival da Francofonía, cita ineludible xa para o noso centro.

Este ano estivemos representados polas actuacións dos grupos de 1ª lingua francés de 1º D, 2º D e 4º, así como os de 1º A, 2º A e 2ºB de 2ª lingua.

Isto fixo que presentaramos un total de 6 cancións que ían dende a música dos anos 40 con "La romance de Paris" interpretada polos alumnos de 4º con Juan Carlos á guitarra, ata o mais actual como "La vie est belle" de Nassi que interpretaron os alumnos de 2º B.

Queremos deixar constancia da ilusión de todos os asistentes, con momentos non exentos de nervios pola actuación ante un numeroso público e enriba dun gran escenario.

Os organizadores anunciáronnos que o ano que ven probablemente convertirase nun concurso, polo que a competición será mais forte.

A xornada de onte rematou cun xantar na praia, en medio dun día solleiro nas terras do Salnés. Aínda houbo tempo para darlle unhas cantas patadas ao balón na area, antes do regreso á Coruña- 

Grazas a todos os alumnos participantes pola súa ilusión na preparación dos temas sen esquencer, por suposto, aos seus profesores: Juan Carlos e David.

Vive la Francophonie!!!"

V Olimpíada Filosófica de España

Os días 5 e 6 de maio, a alumna deste centro, Pilar Corominas Eiras, participou na final da V Olimpíada Filosófica de España, que tivo lugar en Estremadura. Como alumna de 4º ESO concorreu á modalidade de Dilemas Morais. O día 5 tivo lugar a proba en Badaxoz, e ó día seguinte coñecéronse os resultados en Mérida. Pilar quedou entre os dez primeiros postos de toda España. Parabéns! 

 

Visita dos alumnos de 1º curso de Turismo a FP Innova Galicia 2018

Congreso de innovación da formación profesional que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia.

Excursión de alumnos de ESA, Bacharelato de adultos, Axencias e Turismo por Terras do Ulla

O 25 de abril, alumnado da ESA, Bacharelato Nocturno e de Axencias e Turismo, foron de excursión por Terras do Ulla, do Camiño Portugués e da Vía da Plata (Concellos de Boqueixón, Padrón e Rois). Estiveron acompañados polos profesores Belén Fernández, Isabel Villalta, Rocío Oreiro e Antonio Fondo.

Video QRT+ 2018

Feito polo alumnado de 3º ESO C, coordinados pola profesora Dña. Carmen Aquino.

Cheng Chen Sui pariticipou na fase nacional da Olimpiada de Física

Celebrouse en Valladolid, do 13 ao 16 de abril, a XXIX Olimpiada Española de Física, na que participou o noso alumno de 2º de bacharelato Cheng Chen Sui. NORABOA!

Ligazón á participacion deste Instituto na fase local

Os alumnos de 1º de Bacharelato facendo a ruta pondeliana

Os alumnos de 1º de bacharelato, acompañados polos profesores Xulio Cuba, Carmen Edreira, Antonio Fondo, Manuel Varela, Sebastián Selas e Ana Rey. Percorreron a ruta pondaliana por terras de Ponteceso, coas visitas ao dolmen de Dombate, castro de Borneiro, Fraga de San Fins do Castro, as beiras do río Anllóns, a Fundación Eduardo Pondal e o MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia). Unha actividade organizada polo Departamento de Lingua Galega e Literatura.

Intercambio con Carpi e Verona

43 alumnos de institutos de Carpi e Verona, acompañados polas súas profesoras, están do 5 ao 12 en A Coruña nun intercambio co Instituto Eusebio da Garda, en resposta á visita dos nos alumnos que se celebrou o pasado febreiro.

Na foto: recepción no Concello.

Noticia na Voz de Galicia:

Intercambio con Fontenilles

Alumnos de Francés de 3º e 4º de ESO están en Fontenilles nun intercambio, dende o 9 ao 15 de abril, acompañados polos profesores Chus Quintáns, Juan Carlos Méndez e David Quilón.

Victoria Blanco Carro, 3º posto de A Coruña na XXXV Olimpiada Gallega de Química!!!

¡NORABOA!

Victoria resultou premiada nas probas celebradas o pasado 23 de marzo. O acto de entrega de diplomas celebrarase na Aula Magna da Universidade de Santiago. A fase nacional (XXXI Olimpiada Nacional de Química) celebrarase entre o 4 e o 6 de maio na Universidade de Salamanca.

 

 

Noticia en La Opinión A Coruña:

 

Ver noticia da presentación de alumnos de 2º Bacharelato á Olimpiada Gallega de Química.

Visita á Afundación de alumnos de Adultos

Alumnos de Adultos do Instituto visitaron o taller da sede Afundación da Coruña. Tamén visitaron a exposición "A visión dunha obra" de Jorge Castillo.

Jorge M. Blanco Rodríguez, número un nos premios extraordinarios de bacharelato 2016/17, recolleu o premio

Nun acto presidido polo conselleiro de Educación RománRodríguez que se celebrou na Cidade da Cultura de Galicia o 16 de marzo, no que Jorge estivo acompañado polos seus pais e por Isabel Ruso, directora deste Instituto. NORABOA!!

 

Pilar Corominas premiada na V Olimpíada Filosófica de Galicia

O venres 23 de marzo tivo lugar na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago a final da V Olimpíada Filosófica de Galicia. Dous estudantes do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda estiveron entre os catro finalistas na modalidade de Dilema Moral. Marcial Seoane Casado acadou finalmente o cuarto posto, mentres que Pilar Corominas Eiras logrou o segundo lugar, representando a Galicia, xunto coa gañadora, na V Olimpíada Filosófica de España que terá lugar os días 4 e 5 de maio de 2018. O alumnado estivo acompañado pola profesora Nieves López Agrasar. Moitos parabéns aos dous e sorte na final estatal!

(Foto: Nieves López)

 

O Instituto Eusebio participa na XXXV OLIMPIADA GALLEGA DE QUÍMICA

16 alumnos de Química de 2º de Bacharelato preséntanse á XXXV Olimpiada Gallega de Química, nunha actividade organizada polos profesores do Departamento. Noraboa a todos eles por participar!.

Distribuir contido


by Dr. Radut