Un total de 48 alumnos reciben os premios extraordinarios de Bacharelato, FP, Música, Artes Plásticas e Danza

O conselleiro, Román Rodríguez, salientou o esforzo, talento e creatividade dos galardoados; así como o papel clave de profesorado e familias

Ven, 16/03/2018 - 10:52
Un total de 48 alumnos reciben os premios extraordinarios de Bacharelato, FP, Música, Artes Plásticas e Danza

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu hoxe a entrega dos premios extraordinarios de Bacharelato (curso 2016/17), de Formación Profesional de grao superior(curso 2015/16) e de ensinanzas artísticas profesionais de Música, Danza e Artes Plásticas e Deseño (curso 2016/17), nun acto celebrado no Salón de Convencións do CINC, na Cidade da Cultura de Galicia. Os galardóns teñen como obxectivo recoñecer a excelencia do alumnado que acadou as maiores cualificacións e que superou as correspondentes probas específicas.

Durante a súa intervención o conselleiro salientou o esforzo, talento e creatividade dos tres grupos de alumnas e alumnos premiados, así como a importancia das familias para que acaden bos resultados académicos. Así mesmo, insistiu no papel clave do profesorado no éxito dos estudantes. “Como profesor, sempre pensei que a medida da excelencia dun docente, era as notas dos seus alumnos. Un bo profesor xera bos alumnos”, dixo.

Román Rodríguez comprometeuse a que a Consellería continúe traballando para incrementar a calidade do ensino en Galicia " e que o noso sistema educativo siga acadando as cotas de excelencia, que hoxe representades vós".

Tres categorías

Do total de 48 alumnos galardoados, seis fórono na categoría de ensinanzas artísticas profesionais de Música, Danza e Artes Plásticas e Deseño, en concreto Marta Rodríguez Otero (Viola, Conservatorio de música profesional Xoán Montes, de Lugo), Laura Morales Rejas (Violín, Conservatorio de música profesional de Vigo), Marina Hermida Rodríguez (Viola de Gamba, Conservatorio de música profesional Manuel Quiroga, de Pontevedra), Alejandra Vázquez Barreiro (Danza Clásica, Conservatorio Profesional de Danza da Coruña), Mª Teresa Fernández Vázquez (Gráfica Publicitaria       Centro Artes Plástica e Deseño. Aula D, escola de deseño, de Vigo) e Diego Vidal Míguez (Escultura, Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, de Santiago de Compostela).

No caso da FP, resultaron premiados 22 titulados, nomeadamente e por familias profesionais, Jonathan de Jesús Carbón Lorenzo (Actividades físicas e deportivas, IES Agra do Orzán, A Coruña), Ana Belén Barrio Carracedo (Administración e xestión, IES Lauro Olmo, O Barco de Valdeorras), Ángela García Fontenla (Agraria, Centro de Experimentación e Formación Agroforestal de Lourizán, Pontevedra), Alba Vilachán Suárez (Artes gráficas, IES Montecelo, Pontevedra), Noemi Castro Trillo (Comercio e márketing, IES A Guía, Vigo), Izet Vagapov (Electricidade e electrónica, IES Urbano Lugrís), José María Mosquera Fraga (Enerxía e auga, CIFP Ferrolterra, Ferrol), Sonia Soto Quintía (Fabricación mecánica, CIFP Ferrolterra, Ferrol), Alba Barrio Fraga (Hostalaría e turismo, CIFP Carlos Oroza, Pontevedra), Patricia López Rodríguez (Imaxe e son, CPR TIC, Lugo), Jennifer Vila Bouzas (Imaxe persoal, CIFP Someso, A Coruña), Ana Carrera Lago (Industrias alimentarias, CIFP A Granxa, Ponteareas), Anxo Lago Martínez   (Informática e comunicacións, CPR Plurilingüe Liceo La Paz, A Coruña), Iván Mosteiro Buján (Instalación e mantemento, CIFP de Coia, Vigo), Francisco Sesto Codesido (Madeira, moble e cortiza, CIFP Someso, A Coruña), Ramón Manuel Vázquez Hermo (Marítimo-pesqueira, Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico, Vigo), Eva Ruiz Iglesias (Química, IES A Sardiñeira, A Coruña), Lucía Estévez Cobela (Sanidade, CPR Plurilingüe Liceo La Paz), Diego Peixoto Pereira (Seguridade e medio ambiente, CIFP A Granxa, Ponteareas), Sandra Dapena Hortas (Servizos socioculturais e á comunidade, IES de Chapela, Redondela), Eva Bouzas Sieira (Téxtil, confección e pel, CIFP Paseo das Pontes, A Coruña) e Juan Pallares Soengas (Transporte e mantemento de vehículos, CIFP Someso, A Coruña).

Pola súa parte, foron recoñecidos cos premios extraordinarios de Bacharelato outros 20 alumnos, en concreto Jorge Manuel Blanco Rodríguez (IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña), Pablo Monteagudo Lago (IES Plurilingüe Fontexería, Muros), Cristina Fernández Lema   (CPR Plurilingüe Compañía de María, A Coruña), David Búa Teijeiro (IES Rosais 2, Vigo), Carlos Rodríguez Ascariz (IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes, Lugo), Carmen Rouco Díaz (IES Santiago Basanta Silva, Vilalba), Sabela Corral Canda (IES Rosais 2, Vigo), Alba Sendón Blanco (IES Agra de Raíces, Cee), Fernando González Fontanals (IES As Lagoas, Ourense), Jorge Luis Fernández Blanco (CPR Plurilingüe Cristo Rey, A Coruña), Erika Calvo Rivera (IES Eduardo Pondal, Ponteceso), Margarita Carmen Sarralde Díaz (IES Plurilingüe Rosalía de Castro, Santiago de Compostela), Mariana Cabaleiro Lago (IES Mendiño, Redondela), Lucía Cuadrado Dorrio (IES Saturnino Montojo, Ferrol), Nicolá Xoán Le Creurer Quinteiro         (IES Rosais 2, Vigo), Adolfo Güell Domínguez      (IES As Lagoas, Ourense), Martín Otero Lema   (IES Plurilingüe Adormideras, A Coruña), Jacobo Mejuto Pérez (CPR Plurilingüe La Salle, Santiago de Compostela), Laura Meizoso García (IES Ramón Menéndez Pidal, A Coruña) e Jorge Paz Ruza           (IES Concepción Arenal, Ferrol).

O alumnado galardoado recibiu, ademais dun premio económico, un diploma acreditativo do recoñecemento.

Convocatoria premios bacharelato

Cómpre lembrar, ademais, que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de convocar os premios extraordinarios de bacharelato (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180315/AnuncioG0164-060318-0007_gl.html ) para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2017/18 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpra os requisitos establecidos nesta orde. En total poderanse conceder ata 20 premios extraordinarios, dotados cada un deles dun diploma acreditativo e un premio económico de 1.000 €.

Poderá optar ao premio extraordinario de bacharelato o alumnado que teña rematado os estudos de bacharelato no curso 2017/18 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso; e que obtivera unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. Ademais, os candidatos deberán realizar unha proba estruturada en dúas partes. A primeira delas consistirá nunha análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario; e en responder cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira Lingua Estranxeira II cursada polo alumnado como materia xeral do bloque de materias troncais do bacharelato. A segunda parte consistirá no desenvolvementos de temas, respostas a cuestións ou exercicios prácticos dunha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado a elixir entre  Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II e Fundamentos da Arte II.