Iniciar sesión |
Xeografía e HistoriaDepartamento de Xeografía e Historia: profesorado e programacións 2022-23Enviado por iesproval o Mér, 2007-11-28 21:46
A programación didáctica do presente curso pode consultarse na seguinte ligazón. ( categories: )
Saída V CentenarioEnviado por iesproval o Mar, 2022-11-08 10:56
Preme na foto inferior para visualizar o álbum desta actividade. ( categories: )
Ruta xeolóxica por MonteferroEnviado por iesproval o Mar, 2022-11-08 10:34
O pasado luns 17 de outubro os Departamentos de Ciencias Naturais e Xeografía e Historia realizaron unha saída didáctica a Monteferro co alumnado de Bacharelato das materias de Xeografía, Xeoloxía e Ciencias da Terra. Acompañaron a saída a profesora Pura González e os profesores Francisco Álvarez e Iván Granja. O obxectivo desta actividade foi o estudo da xeoloxía do lugar así como a observación da paisaxe, os ecosistemas e os valores patrimoniais. Neste documento podedes atopar máis información e fotos desta actividade. ( categories: )
Ruta xeolóxica en MonteferroEnviado por iesproval o Lun, 2021-11-22 15:25
O luns 8 de novembro 2021 o alumnado de 2º de Bacharelato das materias de Xeografía e de Xeoloxía realizou unha excursión didáctica a Monteferro, á que tamén asistiu un alumno de 4º ESO. Organizaron e acompañaron a saída o profesor Iván Granja e a profesora Pura González. O traballo consistiu fundamentalmente nun estudo da xeoloxía do lugar, pero tamén se fixo observación da paisaxe, dos ecosistemas e dos valores patrimoniais. Pódese atopar máis información desta actividade no seguinte documento.
( categories: )
Unha viaxe a Madrid....coa Historia da ArteEnviado por iesproval o Mar, 2019-07-16 01:03
Nestes últimos cursos o alumnado de Historia da Arte completou a súa formación coa visita a museos e monumentos de Madrid. Neste vídeo recóllese unha escolma comparativa das fotografías desta actividade. ( categories: )
Visita a PontevedraEnviado por iesproval o Sáb, 2019-05-25 09:32
O xoves 16 de maio, o alumnado de 4º de ESO e da materia de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º Bacharelato visitou Pontevedra. Estiveron no Museo, no edificio de Arte Contemporánea, disfrutando da obra de Castelao, Maside, Colmeiro ou Maruxa Mallo. E despois de xantar, visitaron o Castelo de Soutomaior paseando polos seus xardíns e polo interior, onde puideron visionar uns videos moi didácticos sobre unha etapa da nosa Historia complexa e non sempre explicada en clase. ( categories: )
A represión franquista no Val MiñorEnviado por iesproval o Mér, 2019-05-22 11:55
O pasado luns 13 de maio acompañáronnos, nun triste pero necesario repaso pola Historia do Franquismo e da Transición, Telmo Comesaña, Celso López e Manolo Pipas. Asistiu o alumnado de ESO e Bacharelato así como o alumnado de ESA. Todos os grupos valoraron moi positivamente este tipo de charlas. Esperamos poder seguir abrindo a escola á vida Selecciona a foto inferior para ver o álbum da actividade. ( categories: )
Represión franquista no Val MiñorEnviado por iesproval o Sáb, 2019-05-11 10:12
O luns 13 de maio o Departamento de Xeografía e Historia organiza no centro unha charla sobre a Represión franquista no Val Miñor. Será impartida por Telmo Comesaña da Asociación Viguesa pola Memoria do 36
( categories: )
Proxecto Terra: AllarizEnviado por iesproval o Ven, 2019-04-05 01:10
O alumnado de 2º de ESO, acompañado polos profesores Buga, Tareixa e Adrián, están de viaxe en Allariz, no marco do Proxecto Terra. Selecciona a foto inferior para ver todo o álbum desta actividade Neste enlace podes consultar unha breve reseña desta actividade ( categories: )
2º Premio na V Olimpíada de XeografíaEnviado por iesproval o Mér, 2019-02-27 13:58
O alumnado de 2º de Bacharelato de CC Sociais do noso centro ven de participar na V Olimpíada de Xografía, celebrada o pasado venres 22 de Febreiro na Facultade de Xeografía e Historia da USC. Tras acadar o 2º posto, estamos clasificados para participar na Olimpíada a nivel estatal que se celebrara en Murcia no mes de abril Selecciona a fotografía inferior para ver o álbum desta actividade ( categories: )
![]() |