Skip to Content

Plan Proxecta Fitofaladoiro "A nosa colleita"

A nosa colleita é un proxecto interdisciplinar consistente en recoller e valorar o patrimonio natural e lingüístico que recibimos e que debemos coñecer e coidar para que siga vivo.

Este proxecto conto o ano pasado con varias liñas de traballo:

  • "A botica na miña horta" con estudo das plantas medicinais da contorna (cultivo, propiedades, refráns, historias, receitas...).
  • "A memoria das mulleres sabias" con gravacións das nosas viciñas de máis idade posuidoras do saber tradicional.
  • Creación dunha horta-botica con plantas medicinais e aromáticas no instituto.

Para consultares parte do material elaborado polo noso alumnado no curso 2020-21, preme na seguinte ligazón

Este curso ampliamos o horto con especies comestibles (patacas, millo, amorodos, cabazas...) e achegámonos a especies típicas da costa e das dunas de Praia América-Panxón (alelí das praias, eiruga mariña, pirixel do mar, cardo mariño, leiteira...). Tamén tentamos iniciar o proceso de dixitaliación das especies mediante códigos QR e elaboración de catálogos dixitais. 

Ademais, colaboramos co IES Francisco Daviña Rei de Monforte de Lemos. Coñecemos o seu horto, ensináronos o seu proxecto e gozamos coas actividades que nos prepararon (identificación de aromáticas co olfacto, elaboración de papel reciclado, papiroflexia de flores...), visitamos a olería de Gundivós e realizamos unha visita guiada ás barxas do Lor para afondarmos na flora tipíca da ribeira e tamén nas augas do río. Para o próximo curso tócanos a nós ser os anfitrións, así que tentaremos estar á altura!

Para consultares o material deste curso, non tes máis que premer nestoutra ligazón!

Tamén creamos un blog que podes visitar con contidos, imaxes e vídeos vinculados ás plantas nas voces do noso alumnado.

Se queres facer algunha achega ao noso proxecto, lembra que o correo é fitofaladoiro.escolasproval@gmail.com



page | by Dr. Radut