Skip to Content

Día da muller e a nena na Ciencia

Co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, esta semana acudirán ao noso centro dúas recoñecidas científicas para impartir unhas charlas sobre as súas especialidades ao alumnado de 4 ESO e bacharelato: Rosario Domínguez Petit (investigadora do Instituto Español de Oceanografía de Vigo) e África González Fernández (catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo). Alén da tradicional exposición sobre mulleres científicas que penduran das paredes, contamos na biblioteca cunha ampla selección de material bibliográfico relacionado co mundo científico protagonizado por mulleres a disposición de todo o alumnado.

 

 

 

 



book | by Dr. Radut