Skip to Content

Día das matemáticas

 Con motivo da celebración do día escolar das matemáticas o alumnado da ESO do IES Escolas Proval, coa axuda do profesorado de matemáticas, construímos ao longo de tres semanas (Abril e Maio) :

        Unha esponxa de Menger

        Un triángulo e unha alfombra de Sierpinski

        Unha teselación rómbica

        Un cartel do día das matemáticas.

 E o resultado foi exposto na planta baixa do instituto.

 Para construír dúas esponxas de Menger-Sierpinski de nivel 2 (fractal (*) en 3 dimensións), tiveron que recortar e pegar 320 cubiños e 160 prismas de cartulina.

 Por outra banda  utilizaron GeoGebra para construír o triángulo e a alfombra de Sierpinski  (fractais en dúas dimensións).

 Con este proxecto pretendemos visibilizar as matemáticas recreativas e promover o traballo colaborativo entre o alumnado.

 (*) Un fractal é un obxecto cuxa estructura básica se repite a diferentes escalas. É dicir, por moito que nos acheguemos ou afastemos do obxecto, observaremos sempre a mesma estrutura. Na natureza podemos atopar numerosos exemplos: o brécol romanesco, o sistema circulatorio, a liña da costa, a forma das nubes ...

Os fractais Sierpinski:

Triángulo de Sierpinski

Alfombra de Sierpinski

 

Esponxa de Menger -Sierpinski

 

  Selecciona a fotografía inferior para ver o álbum completo da actividade

 

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> DiaDasMatematicas


album | by Dr. Radut