Ciencias Naturais

Departamento de Ciencias Naturais: profesorado e programacións 2018-19

Submitted by iesproval on Fri, 2017-04-28 20:52

Nome

Cargo

Función

Francisco J. Álvarez Sobredo   Titoría 3º/4º ESA B
Josefa Fernández Rodríguez Xefa de Departamento  
Purificación González Martínez   Titoría 3º ESO A
     

Blog de Ciencias da Natureza Proval

Blog de Cultura Científica de 1º Bacharelato

 Nos documentos adxuntos poden consultarse as programacións didácticas do presente curso.

( categories: )

Complementando a nutrición

Submitted by iesproval on Sun, 2019-05-05 23:49

 Durante o mes de abril, nas clases de bioloxía de 3º ESO, estamos estudando a nutrición. E complementamos o tema cunha actividade moi motivadora para o alumnado: a elaboración de empanadillas, guiados polo responsable da cafetería do centro e cociñeiro da mesma. Posteriormente cada alumno calculou o valor nutritivo dese plato de comida

 Plantexámonos como obxectivo desta actividade a reflexión do alumnado sobre a finalidade da súa alimentación e a concienciación sobre a importancia da elaboración dos nos propios alimentos por seren máis sans, sempre que conteñan ingredientes de calidade

  Seleccionando a foto inferior podemos ver ao alumnado de 3º ESO B coa profesora da materia, Pura González, e o responsable da cafetería do centro, Javier Rodríguez

 

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> Nutricion

Ecosistema de Monteferro

Submitted by iesproval on Wed, 2019-03-20 19:02

Alumnado da materia de Ciencias da Terra e do Medioambiente acercouse a Monteferro para coñecer as caraterísticas do seu ecosistema

Seleccionando a foto inferior pode verse o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> MonteferroCTMA

Monteferro

Submitted by iesproval on Fri, 2019-03-01 19:00

Alumnado de 3º de ESO acercouse a Monteferro para coñecer as caraterísticas do seu ecosistema

Seleccionando a foto inferior pode verse o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> Monteferro3ESO

Balea varada en Oia

Submitted by iesproval on Wed, 2019-02-20 18:56

De camiño á Garda aproveitamos para ver a balea varada en Oia

Seleccionando aquí pódense ver as fotos

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> BaleaAGarda

Estuario do Miño

Submitted by iesproval on Wed, 2019-02-20 18:53

O alumnado de 1º de ESO estivo observando aves no Estuario do Miño e visitando o castro de Santa Tecla, na Garda

Selecciona a foto inferior para visualizar o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> A Garda

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Submitted by iesproval on Mon, 2019-02-11 11:44

O IES Escolas Proval súmase á celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia cunha exposición de mulleres que deixaron e deixan a súa pegada na sociedade a través da Ciencia.

Contaremos tamén coa visita de Beatriz García, que nos acercará ao mundo da ciencia e investigación cunha charla no noso centro

Selecciona a foto inferior para visualizar o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> NenaMullerCientifica

Saída á Serra do Galiñeiro

Submitted by iesproval on Wed, 2018-10-03 00:07

 Alumnado e profesorado de ESO e Bacharelato realizaron unha saída á Serra do Galiñeiro o luns 1 de outubro. Durante esta actividade puideron coñecer o patrimonio histórico e natural e, ademáis, colaboraron coa Comunidade de Montes de Vincios na retirada de miles de exemplares de eucalipto que colonizaron zonas afectadas polos incendios forestais do ano pasado.

  Así recolleu a prensa este evento.

 

Colaboración coa Misión biolóxica de Galicia

Submitted by iesproval on Sun, 2018-06-17 14:44

   O departamento de bioloxía e xeoloxía colabora coa Misión biolóxica de Galicia, no proxecto europeo sobre a estimación da taxa de depredación do carballo, Quercus robur, empregando eirugas falsas, co alumnado de 1º de bacharelato.

   Este proxecto está coordinado pola profesora e investigadora da MBG Andrea Cortegoso. No dito proxecto realizáronse varias intervencións nos meses de maio e xuño, segundo o protocolo europeo publicado no enlace https://sites.google.com/view/aboutoaks/

  Seleccionando a fotografía inferior pode visualizarse o álbum completo desta actividade

 

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> AsEirugas

Saída á Foz e Praia de Ladeira

Submitted by iesproval on Sun, 2018-06-17 14:36

O día 1 de Xuño, o alumnado de 4º da ESO e 1º de bacharelato da materia de bioloxía e xeoloxía, realizou unha saída á Foz do Miñor e Praia da Ladeira, coa finalidade de estudiar a biodiversidades destes ecosistemas e a acción antropoxénica sobre eles.

  Selecciona a fotografía inferior para acceder ao álbum desta actividade

 

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Foz do Miñor
Syndicate content