Skip to Content

O IES Escolas Proval xa é Socio Protector de Espazo Lectura

logo espazo lecturaA Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP) do IES Escolas Proval, en sesión do 29 de novembro de 2012, acordou que o Centro sexa Socio Protector de Espazo Lectura, asociación sen ánimo de lucro, con sé en Gondomar, que ten por misión o fomento da lectura entre os cidadáns do Val Miñor. Con esta decisión o Centro comprométese a divulgar entre o alumnado e a comunidade educativa as actividades que Espazo Lectura leva adiante para o cumprimento dos seus fíns. Ademais, se fose o caso, o Centro pode acoller algunha das actividades de fomento da lectura que a asociación Espazo Lectura poida deseñar para colaborar co fomento da lectura entre o alumnado e profesorado das Escolas Proval.

No blogue de Espazo Lectura pódense ver con detalle os fíns da asociación e facer un seguimento das súas actividades.



page | by Dr. Radut