Skip to Content

Probas de acceso a ciclos formativos

Aberto o prazo de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional para a convocatoria 2021.
 
 
 
Inscrición para as probas:
  • A través da ligazón
  • Presentando a solicitude en calquera instituto que imparta ciclos de FP

GRAO SUPERIOR:

  • Inscrición: do 18 de febreiro ao 3 de marzo (ambos incluídos)
  • Realización da proba: 15 de abril
  • Publicación das cualificacións provisionais: 3 de maio

GRAO MEDIO:

  • Inscrición: do 15 ao 26 de marzo (ambos incluídos)
  • Realización da proba: 27 de maio
  • Publicación das cualificacións provisionais: 8 de xuño

AVISO:

Para garantir a confidencialidade dos datos persoais, nas listaxes aparecerá un CÓDIGO PERSOAL DE CONSULTA (CPC). Para obtelo, debe ir á aplicación de "ciclos probas" e escoller a opción "Ver código persoal de consulta"; na pantalla que aparece a continuación haberá que escribir o número do DNI/NIE ou pasaporte (en maiúscula) e premer "buscar". E, para consultar o estado da solicitud presentada, deben premer "consultar solicitudes do ano actual"

Máis información: DOG do 9-2-2021 e calendario con todas as probas

 



book | by Dr. Radut