Skip to Content

CONCURSO DE DEBUXO "CASTELAO"

O 30 de xaneiro é o Día de Castelao, o Día da Ilustración e o Día da Paz, e para celebralo organizamos un concurso de debuxo inspirándonos na figura do escritor rianxeiro. Animádevos a participar porque haberá fabulosos premios: colección de libros de banda deseñada e pezas de artesanía galega!

 

CATEGORÍAS: 

  •   A) 1º/2º/3º ESO-FPBI 
  •   b) 4º ESO-FPBII-BAC-CICLOS e ESA

 

 

MODALIDADES:

  •  Banda Deseñada. Elaboración dun cómic de 8 viñetas inspirada nos Retrincos de Castelao: "Peito de Lobo" e "O retrato".
  •  Ilustración. Debuxo de medio folio para ilustrar as Cousas de Castelao: "Ramón Carballo", "Como Bieito quedou orfo", "O bruxo da     montaña", "Unha rúa dun porto lonxano" e "O pai de Migueliño".
  •  Viñeta. Debuxo acompañado dun lema dunhas 8 palabras que reflicta algún aspecto relacionado cos conflitos mundiais co gallo do Día da Paz.




book | by Dr. Radut