Catorce alumnos do IES Escolas Proval, de Erasmus neste último trimestre
Catorce alumnos de FP do IES Escolas Proval realizan neste último trimestre as súas prácticas laborais en empresas do Reino Unido, Bélxica, Italia e Portugal. Son estudiantes de Ciclos Formativos de Electrónica e de Administración de Empresas e viaxan no marco do programa Erasmus.