Infórmate

 

Artes Plásticas

CARTEL CONMEMORATIVO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Realizado polo departamento de Artes Plásticas para o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
 
O cartel está elaborado a partir dunha selección de traballos de collage e caricatura sobre a figura do homenaxeado deste ano, Ricardo Carballo Calero, realizados polo alumnado da materia de Eduación Plástica de 1º e 3º curso de ESO.
 
Cartaz Letras Galegas
 

Exposición de despregables de cogomelos

Durante as vindeiras semanas podedes visitar unha exposición de traballos feitos polos alumnos e alumnas de 1º de ESO na biblioteca. Trátase dunha serie de despregabres de papel que fixemos no outono, inspirándonos na exposición de cogomelos que se fixo no centro. Animádevos a visitala.

Gañadores do concurso de modelado 3D

1º PREMIO

Mellor peza da categoría aberta a todo o alumnado do centro: Antonio García.

2º PREMIO


Mellor peza entre o alumnado de 3º ESO-D: Antía Pérez

Mellor peza entre o alumnado de 3º ESO-E: Noa Eirea.

Mellor peza entre o alumnado de 3º ESO-F: Alexandre Lorenzo.

Concurso de modelado 3D con OpenSCAD

O Departamento de Educación Plástica e Visual convoca un concurso de modelado 3D con OpenSCAD aberto a todo o alumnado do IES Eduardo Pondal, cun premio que consistirá na impresión da peza gañadora, de cada categoría, na impresora 3D do centro. Poderase participar nas categorías de 3º ESO D, 3º ESO E, 3º ESO F e Libre (aberta a todo o alumnado do centro). A data límite de entrega será o venres 15 de marzo.

Ligazón a páxina do programa: http://www.openscad.org/

Powered by Drupal - Design by artinet