Infórmate

 

Convocatoria dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020-2021

O 4 de xuño publicouse no DOG a ORDE do 25 de maio de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020-2021 (código de procedemento ED311D).

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

Lémbrase que se as persoas solicitantes son menores de idade, sempre teñen que subscribir a súa solicitude por medio dunha persoa representante e, no caso dos centros que non empregan a aplicación XADE, acreditar dita representación por calqueira medio válido en dereito.

Powered by Drupal - Design by artinet