Cruz Vermella_ Obradoiro Educación Sexual (4º ESO)

A petición do alumnado de 4º da ESO solicitamos á Cruz Vermella de Lugo o Obradoiro sobre Saúde Sexual, xa que o curso pasado por mor da pandemia  e debido ás medidas preventivas non puido celebrarse.

Este Obradoiro, realizado o 29 de marzo, promove e reforza os hábitos de vida saudables e, nesta ocasión especialmente, aqueles asociados á saúde sexual.

Sendo o seu obxectivo principal  fomentar a educación e a promoción da saúde como clave da prevención de actitudes, comportamentos e hábitos que levan aparellados riscos asociados ao seu benestar físico, psíquico e social.

Deste xeito, durante o obradoiro abordáronse os conceptos de saúde, sexualidade  e saúde sexual  (sexo, sexualidade, anatomía e fisioloxía, identidade sexual, orientación do desexo), embarazos non planificados, infeccións de transmisión sexual (mecanismos de transmisión e bases para a súa prevención), VIH e Sida (vías de transmisión do VIH, prevención da infección por VIH, detección da infección por VIH e o VIH e Sida no mundo).

Así mesmo tratáronse os prexuízos, estereotipos e mitos que hai ao redor da sexualidade.

E o alumnado puido aproveitar para formular todas aquelas dúbidas e cuestións a Alba, técnica da Cruz Vermella.

Moitas grazas por responder tan axiña a esta petición e poder atender así a demanda do noso alumnado de 4º da ESO.