Club de lectura: Jules Verne e o segredo das mulleres planta

Hoxe, venres 20 de novembro, tivemos a primeira xuntanza do club de lectura na biblioteca para falar do libro  de Ledicia Costas: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. 

O libro narra como Jules Verne chega a Vigo a bordo do seu iate para descubrir o segredo das mulleres plantas, alí coa axuda de Pierre vai en busca da botica de Philipot que custodia un antigo segredo das mulleres plantas. 

O boticario vive coa súa muller Melisa, gravemente enferma, e a súa neta Violeta. Jules e Pierre xunto con Sanjurjo axudarán ao boticario e a súa neta a buscar un remedio que axude a Melisa. 

Mentres comentábamos as aventuras, os sentimentos, as emocións… que vivimos mentres liamos o libro, tivemos a visita de “Ne” que nos trouxo un agasallo a cada un de nós. 

Quedamos abraiadas coa sorpresa …. Xa sabedes que nos mundos da maxia todo é posible. 

Agora toca somerxerse na seguinte lectura: “Un feiticeiro de Terramar” que novas aventuras viviremos? Imos alá!!!