VI Concurso fotográfico-literario Hai que ver (muíños, fontes e pontes)

 

Ponte de Veiga, A Viña. (Ambreixo)

 

Coma auga

A  túa vida foi,

coma o paso da auga polo río,

corría e corría, así,

así como vin a túa vida pasar.

 

Querías atopar o teu camiño,

e ao mar debiches chegar.

Outro aquí, ocupará o teu lugar,

mais, a pegada que deixaches

non é boa de curar.

 

Ponte Santar, Sta. María de Cuiña

 

Somos nada

A auga en sombra por alí pasaba,

baixo os arcos da ponte,

coma se ao pasar dixera:

“ Xusto desamarrada

a pobre barca, viaxeiro,

cántase: non somos nada ”.

Onde o río acaba, o mar espéranos.

 

 

Logo de valorar os traballos presentados, o xurado acordou conceder un único premio a Nuria Paredes Lorenzo (3º ESO).

Ademais, outorga catro mencións especiais aos traballos de Marcos Guerra Fernández (1º ESO), Alba Rivas Vila (2º ESO), Alberto Pérez García (4º ESO) e Sandra Morandeira Abelairas (4º ESO)