Imos ao cine: "Trote"

 

O último día de clase, o 21 de decembro, fomos ao cinema co Equipo de Normalización Lingüística e o Club de Lectura da Biblioteca a ver a película de “TROTE” de Xacio Baño, que narra a historia de Carme que vive nunha aldea das montañas do interior de Galicia xunto ao seu pai Ramón, co que apenas se comunica, e a súa nai enferma. Traballa nunha panadería e necesita escapar dese ambiente opresivo, pero as circunstancias sempre lle impediron dar o paso. Trotar. Fuxir.
Trote transcorre durante a fin de semana en que se celebra a Rapa “ dás Bestas, a loita ancestral do home e o cabalo. A aldea comeza a prepararse para a festa. Luís, o seu irmán maior, volve á casa familiar por uns días coa súa parella María.
Trote é a loita entre o home e o cabalo, entre a razón e o instinto. Aquí unha imaxe que resume o ben que o pasamos ese día…..