Letras Galegas

Xa vai rematando o maio “de flores cuberto” e con el o tempo de coñecer a figura de María Victoria Moreno, escritora e activista da lingua, galega de idioma e de corazón e de conciencia.

O que vedes é o resultado do traballo levado a cabo no día a día da aula, cun alumnado implicado, comprometido e serio. Hoxe foi o gran día, o de facer visible ese traballo, os ensaios, o esforzo e tamén de gozar coa música do gran Xoán Eiriz e dos músicos que o acompañaron.

A seguir tedes fotos e algún vídeo que dan boa conta da festa rachada deste venres excepcional

Presentación de Uxía e Luís e Rumboia de 1º ESO 

Crónica pola vida e a obra de María Victoria Moreno, a cargo do alumnado de 1º Bac https://youtu.be/xny7kk6gm70

Toño e Eiriz Cantiga de Camariñas

 Xoán Eiriz Airiños aires

Xoán Eiriz Ao meu xeito

Recitan Leticia e Saúl

Xoán Eiriz Negra sombra

Xoán Eiriz Quen puidera namorala

Diego e os Imprescindibles Sementeira

Candela, Sandra e os Imprescindibles Tempestades de sal

 

 

 Traballando a figura de María Victoria Moreno, a partir do material didáctico proporcionado pola Deputación Provincial de Lugo e elaboración do mural (Con retrato de María Victoria Moreno feito por Laura Cereijido)