Bitácora de OrientaciónPienso, siento, soy |
Orientación
Obradoiro regulación emocional (1.º Bac. C)
Enviado por admin o Lun, 14/12/2020 - 23:23En ruta. Mapas para a busca do equilibrio emocional
1.º Bacharelato- C
21 de decembro: 10:45 - 13:35
Aula de Música
Obradoiro regulación emocional (1.º Bac. A)
Enviado por admin o Lun, 14/12/2020 - 23:18En ruta. Mapas para a busca do equilibrio emocional
1.º Bacharelato - A
18 de decembro: 10:45 - 13:35
Aula de Tecnoloxía
Obradoiro regulación emocional (2.º Bac. B)
Enviado por admin o Lun, 14/12/2020 - 23:16En ruta. Mapas para a busca do equilibrio emocional
2.º Bacharelato - B
17 de decembro: 10:45 - 13:35
Aula de Tecnoloxía
Obradoiro regulación emocional (2.º Bac. A)
Enviado por admin o Lun, 14/12/2020 - 23:13En ruta. Mapas para a busca do equilibrio emocional
2.º Bacharelato - A
16 de decembro: 10:45 - 13:35
Aula de Tecnoloxía
Obradoiro CóidoME, pola prevención e promoción da saúde mental
Enviado por admin o Xov, 08/10/2020 - 19:10Hoxe rematamos as sesións por vía telemática do obradoiro CóidoME, pola prevención e promoción da saúde mental. O alumnado de 1.º bacharelato recibiu formación teórica e exemplos prácticos sobre emocións, estrés, ansiedade, dependencias, tecnoloxías e lecer.
Este proxecto deseñado por novos profesionais da psicoloxía e pedagoxía recibiu un premio da Xunta de Galicia para xóvenes emprendedores. Grazas Rebeca e Diego pola iniciativa. Agora seguirémosvos na rede.
Contacontos: Virginia Imaz
Enviado por admin o Sáb, 03/10/2020 - 11:37Aproveitando o paso por Mugardos da recoñecida artista Virginia Imaz, pallasa profesional e fundadora da compañía Oihulari Klown, o alumnado de 1.º ESO puido gozar dunha sesión de contacontos moi especial. Desenvolveu narracións orais cunha linguaxe directa para facer pensar sobre a igualdade e a convivencia. Reflexión e humor para darlles a benvida a unha nova promoción que comeza este curso a súa andaina polo instituto.
A sesión, organizada polo departamento de Orientación, realizouse coas medidas de adaptación á situación covid.
Orienta vs Coronavirus
Enviado por orientacion o Mar, 17/03/2020 - 20:21Que se pensaba este bichito...que non iamos ser capaces de orientar online? Sempre teremos o ORIENTA.
Agora que non tes que vir ao centro, bota un ollo a todas as opcións que podes estudar. Tamén podes facer os cuestionarios para que o programiña te axude a escoller materias,modalidades, grãos, ciclos.
Podes facerme as consultas que queiras por privado ou, correo ou teléfono.
Na Feira de Orientación de Ferrolterra
Enviado por admin o Dom, 08/03/2020 - 22:09
Un ano máis, o noso IES Mugardos colaborando na información e asesoramento do alumnado da comarca.
Malas herbas de 1°curso e Arte floral de 2°curso trouxeron á mostra de Orientación de Ferrolterra:
-unha demostración de como deseñar bonsais
-prantiñas para agasallar (as que ademáis de alegrar a vista permiten facer control de plagas, e tomateiras)
-arranxos florais e,
-o obradoiro de kokedamas que tanto gusta.
Grazas Amelia, orientadora do Leixa, por invitarnos un ano máis!
Vive o momento...sen drogas polo medio
Enviado por admin o Mar, 11/06/2019 - 10:59
Campaña de sensibilización sobre o consumo de drogas realizada polo alumnado de 4.º ESO e 2.º FPB realizada nas sesións de titoría. O traballo fíxose no marco dun convenio de colaboración asinado entre o Concello de Mugardos e a Asociación Ferrolá de Drogodependencias (ASFEDRO). Consistiu no deseño dunha serie de debuxos e mensaxes cos que se trata de concienciar á mocedade dos prexuízos do consumo de alcohol e drogas e, en xeral, da adopción doutras condutas aditivas.
A campaña xa foi presentada o pasado mes no Salón de Plenos do Concello (ver noticia) e agora as súas mensaxes van ser difundidas a travé de pousavasos e carteis que se distribuirán pola vila.
Exposición Eu son imprescindible
Enviado por admin o Mér, 10/04/2019 - 17:53Ao longo destas semanas está connosco a exposición Eu son imprescindible, elaborada polo CEIP Unión Mugardesa. A través de fotografías achegadas polas familias do alumnado do colexio e citas de variadas figuras feministas, os paneis transmiten con forza que os coidados domésticos e "o agarimo non ten que ver con pertencer a un outro sexo. Os homes tamén son quen de amosar actitudes que tradionalmente sempre foron vencelladas á muller".
EduSolidariedade á mugardesa
Enviado por admin o Ven, 22/03/2019 - 22:27Explicación do proxecto | |
ONG elixida por votación do alumnado:UNICEF |
|
Resultados da votación ONG:
|
Elección da ONG de Edusolidariedade á mugardesa - 2019
Enviado por admin o Lun, 11/03/2019 - 21:44Preme na imaxe o na ligazón:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSekrDT19hQEf73oYbSTq3UnOHr5frLd
PRAZO DA VOTACIÓN: ata o 15 de marzo
O curso pasado estreamos "Edusolidariedade á mugardesa I", o proxecto de solidariedade e convivencia da rapazada, profesorado e familias dos centros educativos de Mugardos.
Grazas á colaboración dos centros educativos, do Concello e das empresas foi posible organizar un evento no que recaudamos ó redor de 1600 euros que foron destinados a "Nico contra o cancro infantil". Ademáis de fomentar a boa convivencia, coñecimos as necesidades dos rapaces e rapazas con cancro e puidemos colaborar coa investigación desta enfermidade queconta con poucos apoios por ser unha enfermidade rara e pouco frecuente.
Este ano estamos cos preparativos para a segunda edición. O primeiro paso que demos foi realizar esta PACMAN-presentación para darvos a coñecer as ONGs aliadas de "Edusolidariedade á mugardesa II" que loitan contra os "monstruos" da infancia e a xuventude. Os cartos recaudados irán para a ONG escollida por maioría polos catro centros participantes:
- IES Mugardos
- CEIP Santiago Apóstolo
- CEIP Unión Mugardesa
- CPR Loyola
NOTA: A ONG escollida debe aceptar o compromiso de estar presente o día do evento e dar unha charla nos catros centros. Todas as ONGs deben cumprir o requisito de ter algunha sede en Galicia e contar con proxectos para a infancia e a xuventude. No caso de que non se acepten estas condicións, escollerase a seguinte ONG máis votada.
Salón de Actos
Enviado por admin o Xov, 14/02/2019 - 23:13O salón de actos estivo esta semana moi concorrido con diferentes actividades. Entre elas salientamos as charlas do martes para 2.º ESO sobre condutas infractoras e a lei do menor; o mércores para 2.º bacharelato sobre a oferta da Universidade da Coruña; e o xoves, para 1.º ESO, sobre as consecuencias do consumo de alcohool en menores dentro do programa Apuntámonos a non beber.
Edusolidariedade á mugardesa (25 de maio, 2018)
Enviado por admin o Sáb, 26/05/2018 - 11:59Ata a chuvia respectou na mañá de onte a xornada de convivencia e solidariedade do alumnado e profesorado do CEIP Unión Mugardesa, CPR Loyola e IES de Mugardos. Convivencia porque reuniu nunha mesma actividade a preto de 500 escolares, de 3 a 18 anos, de infantil a bacharelato. Solidaria porque entre todos recadamos 1.683,30 euros que a ONG "Nico contra el cáncer infantil" destinará directamente á investigación e mellora dos tratamentos.
A principal actividade consistiu na realización das carreiras, desde os cen metros ata os 1.900 metros. En todas elas os participantes amosaron un grande espírito deportivo e participativo. Grnades doses de esforzo, sorrisos e aplausos para demostrarnos que somos unha comunidade educativa viva e vibrante. Xuntos somos mellores.
Ademais dos centros educativos, na organización participou o Concello de Mugardos e contou coa axuda de varias empresas patrocinadoras e a colaboración do animador Dani Ríos . Agradecemos especialmente a participación das ANPAS, o servizo municipal de deportes, monitores de xogos populares e club Móvete de danza.
Agora, coas pilas cargadas, imos polo fin deste curso 2017-2019. Vémonos o 21 de xuño nunha nova edición dos premios Estudo e Deporte.
Operación Futuro: cadernos de orientación académica e profesional (2017)
Enviado por admin o Dom, 21/05/2017 - 14:53Reunión de Orientación cos pais e nais do alumnado de 3.º ESO (23 de maio)
Enviado por admin o Xov, 18/05/2017 - 19:17Reunión de Orientación cos pais e nais do alumnado de 4.º ESO (16 de maio)
Enviado por admin o Ven, 12/05/2017 - 17:17Reunión de Orientación cos pais e nais do alumnado de 1.º Bacharelato (16 de maio)
Enviado por admin o Ven, 12/05/2017 - 17:14Experiencias (Semana das profesións)
Enviado por admin o Ven, 21/04/2017 - 22:08
No marco da Semana das Profesións, esta mañá tocoulle o turno ás experiencias.Para iso contamos coa presenza de Carolina Iglesias, guionista e youtuber coruñesa nestes momentos afincada en Madrid. Coñecida pola súa participación no programa de humor "Yu: no te pierdas nada" en Los 40 e a canle Percebes y grelos.
Por outra banda, o alumnado de 1.º bacharelato da materia de Fundamentos de administración e xestión expuxeron os seus proxectos presentados ao premio Desafío Emprende.