Skip to Content

Entrega de notas, título e matrícula nas ABAU de 2º Bacharelato

Entrega de notas

As notas enviaranse a través de ABALAR e repartiranse en man o día 19 de maio a segunda hora (9:35 h.)na aula de 2º Bacharelato.

Título de Bacharelato

As persoas que titularan teñen que solicitar a expedición do seu título para o cal terían a seguinte tarifa que teñen que facer efectiva: 54 €, ou 27,03 (familia numerosa categoría xeral)

ABAU 21-22: 7-8-9 de Xuño

  • MATRÍCULA ORDINARIA

PRAZO E PROCEDEMENTO

  • A prematrícula debe ser realizada polo alumnado no seu IES do 19 ao 23 de maio

  • Esta prematrícula farase a través da aplicación Nerta (https://www.edu.xunta.es/nerta/).

  • Coa prematrícula xérase unha conta de usuario en Nerta e cada estudante recibe os datos de acceso no seu correo electrónico

  • Con estes datos, e despois de activar a conta, o alumnado pode acceder a Nerta e realizar o pagamento das taxas de 2 formas:

    • Telemática:  utilizando unha tarxeta de crédito. Este pagamento xa se reflicte de forma automática en Nerta, sen necesidade de enviar xustificante.

    • Presencial no banco: Se decide realizar o pagamento a través de ABANCA, debe imprimir o impreso de liquidación. 

  • Unha vez aboados os prezos deberase entregar copia do xustificante de ingreso no IES para que reflicta a realización do pagamento en Nerta. 

  • Os centros de Educación Secundaria enviarán por medios electrónicos ao LERD correspondente a documentación entre o 24 e 25 de maio.

QUEN PODE MATRICULARSE

Poderá matricularse no prazo de Matrícula Ordinaria: o alumnado de centros da C.A. de Galicia que teña superado o Bacharelato na convocatoria ordinaria (maio) deste curso 2021/22: todas as materias superadas de 1º e 2º BAC.

PREZOS TAXAS ABAU

De conformidade co disposto no Decreto 103/2021, de 1 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema Universitario de Galicia para o curso académico 2021/22, o importe do prezo de matrícula para estas probas é de: 63,67 euros. 

Serán de aplicación as exencións establecidas no artigo 12 do Decreto 103/2021: 

Familia numerosa - Categoría Xeral

31,84 euros

Familia numerosa - Categoría Especial

Gratuíta

Persoas con discapacidade (>= 33%), vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero

Persoal das Universidades do SUG

 

  • Os beneficiarios/as de Familia Numerosa de Categoría Xeral e de Familia Numerosa de Categoría Especial deberán achegar, no momento da matrícula, xunto co xustificante bancario, fotocopia cotexada do carné de Familia Numerosa vixente no prazo da matrícula

  • A condición de persoa con discapacidade (>=33%), acreditarase no momento de formalización da matrícula coa correspondente resolución administrativa do órgano competente da Comunidade Autónoma pola que se recoñecese a condición vixente no prazo de matrícula.

  • A condición de vítima de acto terrorista acreditarase no momento de formalización da matrícula coa correspondente resolución administrativa pola que se recoñecese a condición, vixente no prazo de matrícula. 

  • A condición de vítima de violencia de xénero acreditarase no momento da formalización da matrícula, mediante calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. 

 

O xoves 19 de maio, tras a entrega de notas, as persoas que se presenten ás ABAU recibirán axuda para inscribirse no NERTA, explicar as instrución das ABAU e demais cuestión de interese.

Documentación necesaria:

  • DNI

  • CONTA DE CORREO ELECTRÓNICO

  • Se sodes familia numerosa ou tedes certificado de discapacidade, debedes traer a documentación explicada no punto anterior.

 



story | by Dr. Radut