Skip to Content

Criterios de avaliación final de curso

Mudanzas nos criterios de avaliación e calendario de final de curso. Diante dos cambios que imos ter neste ano queremos informar en resume de cales son aqueles aspectos máis relevantes que se modifican e lembrar as datas relacionadas.

 

Criterios de avaliación final de curso 1º , 2º , 3º ESO

 
  

O día 8 de xuño realizaranse as sesión da 3ª avaliación parcial. As cualificacións serán comunicadas ás familias exclusivamente a través da aplicación Abalar, é dicir, non se entregará boletín de notas.

 

O período entre o día 8 de xuño (3ª avaliación) e o día 22 (remate das actividades lectivas),  dedicarase ao seguinte:

 

Actividades de reforzo para o alumnado con materias ou partes sen superar.

 

Actividades de ampliación para o alumnado que teña as materias superadas

 

Cada Departamento didáctico establecerá os criterios para a recuperación da materia e para a valoración dos traballos e actividades de ampliación propostos para o alumnado coa materia superada.

 

O día 23 de xuño realizarase a avaliación final, na que se fará efectiva a cualificación definitiva de cada unha das materias.

 

Acadará a promoción dun curso a outro o alumnado que superase todas as materias ou con avaliación negativa en unha ou dúas. Tamén sería posible que un alumno promocione con máis de dúas materias non superadas; isto podería acontecer se se cumpren todas as condicións seguintes:

 

Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculado o/a alumno/a nese ano académico sexa igual ou superior a 5.

 

Que o/a alumno/a teña entregados en prazo os traballos e actividades solicitados e realizadas todas as probas necesarias para a súa avaliación.

 

Que o/a alumno/a adquirise as competencias establecidas e acadase os obxectivos do curso.

 

Que non se producise unha falta de asistencia continuada e non xustificada (superior ao 10% das horas da materia).

 

Que o equipo docente estime que a promoción beneficiará a evolución académica do/a alumno/a.

 

O día 27 de xuño realizarase a entrega dos boletíns de cualificacións ao alumnado; ademais, serán comunicadas ás familias a través da aplicación Abalar

 

Non hai avaliación extraordinaria, é dicir, non se realizarán probas de setembro.

 

Criterios de avaliación final de curso 4º ESO

 

O día 8 de xuño realizaranse as sesión da 3ª avaliación parcial. As cualificacións serán comunicadas ás familias exclusivamente a través da aplicación Abalar, é dicir, non se entregará boletín de notas.

O período entre o día 8 de xuño (3ª avaliación) e o día 22 (remate das actividades lectivas),  dedicarase ao seguinte:

Actividades de reforzo para o alumnado con materias ou partes sen superar.

Actividades de ampliación para o alumnado que teña as materias superadas

Cada Departamento didáctico establecerá os criterios para a recuperación da materia e para a valoración dos traballos e actividades de ampliación propostos para o alumnado coa materia superada.

O día 23 de xuño realizarase a avaliación final, na que se fará efectiva a cualificación definitiva de cada unha das materias.

Acadará a titulación de graduado en ESO o alumnado que superase todas as materias. Tamén sería posible que un alumno obteña o título sempre que se cumpran todas as condicións seguintes:

Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculado o alumno nese ano académico sexa igual ou superior a 5.

Que o/a alumno/a teña entregados en prazo os traballos e actividades solicitados  e realizadas todas as probas necesarias para a súa avaliación

Que o/a alumno/a adquirise as competencias establecidas e acadase os obxectivos da etapa.

Que a xuízo do equipo docente o/a alumno/a adquirise as competencias establecidas e acadase os obxectivos da etapa.

O día 27 de xuño realizarase a entrega dos boletíns de cualificacións ao alumnado; ademais, serán comunicadas ás familias a través da aplicación Abalar

 

Non hai avaliación extraordinaria, é dicir, non se realizarán probas de setembro.

 

Criterios de avaliación final de curso 1º BACHARELATO

O día 8 de xuño realizaranse as sesións da 3ª avaliación parcial e avaliación final ordinaria.

O día 10 de xuño será a entrega de notas ao alumnado; ademais, serán comunicadas ás familias a través da aplicación Abalar.

O día 22  é o remate das actividades lectivas.

O período comprendido entre o 10 de xuño e o 22  dedicarase á preparación e realización das probas extraordinarias e a actividades de apoio, reforzo, recuperación, ampliación e titoría, polo que é obrigatoria a asistencia a clase.

O día 23 de xuño realizarase a avaliación extraordinaria.

Os alumnos e as alumnas acadarán a promoción de primeiro a segundo de bacharelato cando superen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo, que se cursarán no curso seguinte como materias pendentes.

O día 27 de xuño entregaranse ao alumnado os  boletíns de cualificacións da avaliación extraordinaria; ademais, serán comunicadas ás familias a través da aplicación Abalar.

 

 

 Criterios de avaliación final de curso 2º Bacharelato

O día  18 de maio realizaranse as sesións da 3ª avaliación parcial e avaliación final ordinaria.

O día 19 será a entrega dos boletíns de cualificación ao alumnado ás 10:00 h. na súa aula.

período comprendido entre o 18  de maio e o 22 de xuño dedicarase á impartición de clases co fin de preparar o alumnado para a realización das probas de acceso á universidade ou das probas extraordinarias de 2º de bacharelato.

   19 e 20 de maio serán as datas de reclamación as cualificacións finais no centro.

   Entre o 19 e 23 de maio será a prematrícula nas probas ABAU no centro.

   O 24 de maio reclamación no centro ás listaxes de matriculados nas ABAU.

   O 24 e 25 de maio será a matrícula ordinaria nas probas ABAU.

Os días 7, 8 e 9 de xuño realizaranse os exercicios da ABAU da convocatoria ordinaria.

O día 23 de xuño realizarase a avaliación extraordinaria.

Para obter o título de bacharel cumprirá a avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de bacharelato.  Excepcionalmente, o equipo docente poderá decidir a obtención do título de bacharel por unha alumna ou alumno que superase todas as materias agás unha, sempre que se cumpran todas as condicións seguintes:

Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias da etapa cursadas como mínimo se requiran para a obtención do título pola modalidade pola que se remata sexa igual ou superior a 5.

Que non se produciu unha falta de asistencia continuada e non xustificada (superior ao 10% das horas da materia).

Que o/a  alumno/a se presentou ás probas e realizou as actividades necesarias para a súa avaliación, incluídas as da avaliación extraordinaria.

Que o equipo docente considere que o/a alumno/a alcanzou as competencias e os obxectivos vinculados a ese título.

O día 27 de xuño entregaranse ao alumnado os  boletíns de cualificacións da avaliación extraordinaria.

Os días 12, 13 e 14 de xullo realizaranse os exercicios da ABAU da convocatoria extraordinaria. 

 

AdxuntoTamaño
Explicación familias 1º, 2º, 3º.pdf477.87 KB
Explicación 4º.pdf474.99 KB
Explicación 1º bac.pdf459.92 KB
Explicación 2º bac.pdf479.69 KB


story | by Dr. Radut