Skip to Content

EXPOSICIÓN: UNHA INVASIÓN SILENCIOSA

O xoves 12 de marzo, persoal da área de educación ambiental da asociación ecoloxista ADEGA, que ten un programa en colaboración coa entidade coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galiza, instalaron no noso centro trece paneis da exposición UNHA INVASIÓN SILENCIOSA, onde nos comentan a grave ameaza que supoñen para a biodiversidade galega as especies exóticas invasoras.

A través desta exposición podemos coñecer un pouco máis onde podemos atopar as especies invasoras, como chegan ata aí, o perigo que supoñen para a biodiversidade, os custos que acarrean, as iniciativas que se están a desenvolver para eliminalas e, sobre todo, que é o que podemos facer nós para colaborar a minimizar este problema.

Lamentablemente, esta exposición non foi posible vela debido á suspensión das clases presenciais ao día seguinte da súa montaxe.

   

 



story | by Dr. Radut