Skip to Content

Plans Proxecta

Recompilación dos diversos Plans Proxecta desenvolvidos no IES. Chano Piñeiro

Obradoiro de elaboración de xabón

No mes de xuño, alumnado de 3ºESO empregou aceite de cocina usado, que alumnado e profesorado trouxeron previamente das súas casas, para elaborar xabón, colaborando a reciclar este residuo tan contaminante que todos xeramos nas nosas cociñas.

Proxecto Ríos – 1º de ESO

 

O mércores 4 de outubro, os alumnos e alumnas de 1º de ESO tivemos unha saída á área recreativa do Cotelo (Forcarei), dentro do Proxecto Ríos. Acompañáronnos os profesores de Bioloxía e Xeoloxía, Matemáticas e os técnicos ambientais do proxecto.

Conciencia ecolóxica sobre o tratamento de lixo

Dentro do Proxecto Ríos que estamos a desenvolver no IES Chano Piñeiro, e tendo en conta a problemática que temos toda a sociedade coa cantidade de lixo que xeramos e que, nos casos nos que non se deposita correctamente nos contedores apropiados acaba contaminando as augas, o pasado martes 17 de xaneiro, un educador de SOGAMA desprazouse ao noso centro para impartir tres sesións (abarcando todo o alumnado da ESO e 1º BACH) focalizadas na correcta separación e recollida selectiva dos residuos municipais, dando ao alumnado a oportunidade de consultar as súas dúbidas ao respecto.

Proxecto Ríos – 1º de ESO

O xoves 6 de outubro, os alumnos e alumnas de 1º de ESO tivemos unha saída á área recreativa do Cotelo (Forcarei), dentro do Proxecto Ríos. Acompañáronnos os profesores de Bioloxía e Xeoloxía e Matemáticas e os técnicos ambientais do proxecto.

Inspección do río co grupo de 3ºESO

O venres 17 de xuño,  o alumnado de 3ºESO cambiou as aulas pola beira do rio e foi á área recreativa de Cotelo para realizar a inspección de primavera do río Lérez, xunto cos seus profesores de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Matemáticas. 

Distribuir contido


by Dr. Radut