Skip to Content

CHARLA SOBRE O LOBO

Diferentes causas están a provocar na actualidade unha visión negativa cara ó lobo que non sempre está xustificada, por este motivo é de vital importancia divulgar cal é a situación actual desta especie así como o seu modo de vida, assúas problemáticas e as liñas de traballo que se están a desenvolver e que puideran minimizar o conflito co lobo.

A educación ambiental é unha ferramenta moi importante para esta cuestión. Por este motivo desenvolveuse un programa de actividades para centros de ensino que incidirá na mocidade galega, nomeadamente naquelas zonas onde hai presenza de lobos, para mudar a súa visión da especie.

O xoves 12 de marzo, o alumnado de 3ºESO asistiu a unha destas charlas sobre o lobo, impartida por Ramsés Pérez, coordinador da área de educación ambiental da asociación ecoloxista ADEGA e responsable do programa que ten dita entidade coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galiza.Nesta charla achegámonos un pouco máis a este mamífero co que convivimos e asúa situación actual en Galicia: a súa distribución, os seus hábitos, como identificar as súas pegadas, falsas crenzas e “fake news”, etc.

   

Ademais desta charla, na clase de Lingua e literatura galega, o alumnado estivo a traballar a temática do lobo na cultura tradicional e leron un conto de Ánxel Fole. Para que todos e todas poidamos coñecer este interesante tema do lobo na cultura tradicional, compartimos aquí un resumo do mesmo: PREME PARA ACCEDER AO ARQUIVO

 

AdxuntoTamaño
O LOBO NA CULTURA TRADICIONAL.pdf392.73 KB


story | by Dr. Radut