Skip to Content

Dirección

RECOLLIDA DE NOTAS E MATRÍCULA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO

 

Lembrade que os boletíns de cualificacións correspondentes á convocatoria extraordinaria de setembro entregaranse o vindeiro venres día 6 de 9:30 a 11:30 horas.  Ademais, todo o alumnado que teña en préstamo libros do fondo solidario terá que devolvelos ese mesmo día.

 

Por último, informar que o prazo de matrícula de setembro remata o vindeiro martes día 10.

 

CONVOCATORIA BOLSAS MEFP PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS 2019/2020

O Ministerio de Educación e Formación Profesional publicou o pasado 31 de xullo a convocatoria para a solicitude de bolsas de estudos de carácter xeral para o curso 2019/2020 correspondentes aos estudos postobrigatorios (Bacharelato e Universidade).

Os prazos para a presentación das solicitudes son os seguintes:

  • ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS: do  1 de agosto ao 1 de outubro de 2019
  • ESTUDOS UNIVERSITARIOS: do 1 de agosto ao 15 de outubro de 2019.

Tedes toda a información na seguinte ligazón 

 

 Ademais, informar que tamén está aberto o prazo para solicitar as axudas para os alumnos con necesidade específica de apoio educativo e o prazo de solicitude vai do 28 de xullo ao 26 de setembro de 2019 (ámbolos dous inclusive). Toda a información referida a estas axudas tédela na seguinte ligazón.

Calendario exames convocatoria extraordinaria de setembro 2018/2019

No arquivo adxunto podedes consultar as horas e dias dos exames da convacotoria extraordinario de setembro do curso 2018/2019.

Axudas para libros e material escolar 2019-2020

Para consultar as axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo solidario 2019-2020 podedes pinchar na seguinte ligazón.

Máis información na secretaría do centro.

Programacións dos Departamentos 2018-19

Nos arquivos que se achegan pódese consultar as diferentes programacións dos departamentos do IES. Lembramos que está en soporte papel para consulta de quen quixese na secretaría do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut