Skip to Content

Orientación

Departamento de orientación

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA ESO E BACHARELATO 2018-2019

Relación de vacantes que oferta o IES CHANO PIÑEIRO(Forcarei – Pontevedra) en ESO e bacharelato para o curso 2018-2019: 

  • 1º ESO: 12 prazas (obtivo praza todo o alumnado dos centros adscritos que a solicitou. 3 das prazas son destinadas ao alumnado de apoio educativo)
  • 2º ESO: 4 prazas 
  • 3º ESO: 0 prazas 
  • 4º ESO: 1 praza 
  • 1º BAC: 8 prazas 
  • 2º BAC: 24 prazas 

O prazo para a presentación de solicitudes de admisión estará aberto entre o 1 e o 20 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

NORMATIVA:  Decreto 254/2012, do 13 de decembro: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG)

                        Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

                        Corrección de erros da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG)

                        Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado. 

ABAU 2017-2018

No seguinte enlace podedes ver toda a información das probas de acceso á universidade.

 

Novedades Abau 2017-2018 : Lingua Estranxeira ( arquivo adxunto)

CALENDARIO PROBAS ACCESO CICLOS FORMATIVOS 2018

Na ligazón pódese consultar o calendario para as probas de acceso á ciclos formativos medio e superior para a convocatoria 2018

CURSO 2017-2018

Benvidos a un novo curso.

Os dias 1 e 4 de setembro serán os exames da convocatoria de setembro.

O día 5 será a entrega de nota para 2ª Bacharelato ás 10:00 hs e o día 6 de setembro para ESO e 1ª Bacharelato dende as 9:30 ata as 12:00 horas.

A matrícula será dende o día 1 ata o 10 de setembro.

As clases comezan o día 15 de setembro ás 8.45 horas. Ese día xa hai servizo de transporte escolar e comedor.

 

A Dirección.

 

BECAS 2017-2018 PARA BACHARELATO,FP, UNIVERSIDADE E NECESIDADES EDUCATIVAS

O día 10 de agosto de 2017  saíu publicado o Real Decreto de becas MECD 2017/2018 para estudios post obrigatorios universitarios e non universitarios.

REAL DECRETO DE BECAS MEC 2017/2018 (aqui podedes descargar o documento para ver os requisitos académicos e económicos e forma de presentación.)

O período de presentación vai dende o 11 de agosto ata o próximo 17 de outubro (para universitarios) e ata o  3 de outubro (non universitarios).

 

 

 

Para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo o prazo de presentación será dende o 13 de agosto de 2017 ata o 28 de setembro de 2017. 


Distribuir contido


by Dr. Radut