Skip to Content

Dirección

2ª AVALIACIÓN E BOLETÍN DE CUALIFICACIÓNS

Tras realizar esta semana a 2ª avaliación a todo o alumnado do centro seguindo as instrucións recibidas da Consellería de Educación o pasado 27 de marzo, ao longo do día de hoxe procederase ao envío dos correspondentes boletíns de cualificacións a través dos seguintes medios:

- Aplicación ABALARmóbil para aquelas familias que a teñen instalada e notificaron o seu desexo de recibir información telemática.

- A través dun correo electrónico enviado polos titores e titoras.

No caso de non ser posible enviar o boletín de cualificacións seguindo calquera destas canles, mañá venres procederase ao seu envío por correo postal.

 

Se teñen algunha dúbida, atenderémolos no teléfono 886 151 228 ou a través do correo electrónico  ies.chano.pineiro@edu.xunta.es 

 

 

CONVOCATORIA AXUDAS COMEDOR COVID19


No Diario Oficial de Galicia de hoxe, 30 de marzo 2020, publícase a Orde do 27 de marzo pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo para as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante a situación de suspensión do servizo do comedor escolar como consecuencia do COVID19.

Estas axudas van dirixidas a aquelas familias con un ou máis fillas/os escolarizados en centros públicos xestionados pola consellería que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro.

 

Tedes toda a información sobre esta convocatoria no arquivo adxunto. En caso de dúbida, poñédevos en contacto co centro a través das canles establecidas durante este período de suspensión das clases presenciais.

Prazo de presentación das solicitudes: do 31 de marzo ao 6 de abril

Procedemento para presentar a solicitude por sede Electrónica: ED601B

 

 

 

COMUNICADOS DA DIRECCIÓN

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS (Actualización 19 de Abril)

 

Estimadas familias:

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou o pasado venres 17 de abril no seu portal web un documento no que indica as Orientacións provisionais para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020.

De todos os xeitos, é importante ter en conta que se especifica claramente que a Consellería está á espera da publicación da normativa estatal para elaborar o documento definitivo.

 

(Información: 28  de marzo)

 Segundo as instrucións do día 27 de marzo, dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario, sobre a concreción das medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre indicamos que:

1) A efectos de dar continuidade no calendario escolar, o IES Chano Piñeiro procederá a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre antes do venres 3 de abril.

2) Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma.

Neste sentido, comunicamos que os titores e titoras dos distintos grupos poñeranse en contacto coas familias para artellar o método a través do cal lles farán chegar os boletíns de cualificacións antes do citado 3 de abril.

Sen perxuízo do anterior, aconsellamos descargar a aplicación ABALARmóbil para recibir ditas cualificacións no teléfono móbil. Na seguinte ligazón tedes acceso á guía sobre esta aplicación editada pola Xunta de Galicia:  Guía AbalarMóbil

 

 

(Información 22 de marzo)

TODAS AS AULAS VIRTUAIS DAS DISTINTAS MATERIAS E CURSOS ESTÁN ACTIVAS E A PLENO FUNCIONAMENTO. POLO TANTO, O ALUMNADO XA TEN AS TAREFAS ASIGNADAS COS PRAZOS RESPECTIVOS DE ENTREGA E TODO O PROFESORADO ESTÁ Á SÚA DISPOSICIÓN PARA RESOLVER CALQUERA DÚBIDA OU PROBLEMA QUE POIDA XURDIR NO REFERENTE A DITAS TAREFAS.

LEMBRAR QUE A CONEXIÓN A DITAS AULAS VIRTUAIS FAISE A TRAVÉS DO CORREO CORPORATIVO DO CENTRO QUE TEN TODO O ALUMNADO (@ieschp.com)

PARA COMUNICAR CALQUERA INCIDENCIA OU PROBLEMA PARA ACCEDER A ESTAS AULAS PODEN FACELO NO TELÉFONO 886 151 228.

 

 CONSELLOS PSICOLÓXICOS PARA LONGOS PERÍODOS DENTRO DA CASA

 

En cumprimento do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19

INFORMAMOS QUE:

1)  O centro permanecerá pechado á atención directa ao público ata o fin do período de validez do citado decreto. Calquera comunicación farase a través do correo electrónico do centro  ies.chano.pineiro@edu.xunta.gal

2)  A atención telefónica por parte do equipo directivo manterase no teléfono 886 151 228 en horario de 10:00 a 13:00 horas. Fóra dese horario, atenderemos calquera incidencia ou urxencia referida ao desenvolvemento das clases telemáticas

3) Todos os trámites administrativos están suspendidos e adiados, incluído o proceso de admisión de alumnado.

4) O profesorado do IES Chano Piñeiro manterá contacto co seu alumnado mediante o correo corporativo do centro (@ieschp.com) ou outros medios telemáticos (aulas virtuais) co fin de orientalos, tutelalos e facer o seguemento das propostas educativas que se establezan durante este período de suspensión da actividade lectiva presencial. 

5) Calquera incidencia na comunicación co profesorado deberá ser posto en coñecemento da Dirección do centro a través das canles indicadas anteriormente.

6) Por último, e polo ben de tod@s,   #QUEDANACASA

 

 

Manterémol@s informad@s de calquera novidade que se puidera producir a través desta páxina web!

 

INFORMACIÓN SOBRE A ALERTA SANITARIA POR CORONAVIRUS

 

 

Reunión Pais/Nais

 

 

O MARTES 22 DE OUTUBRO ÁS 17:15 TEREMOS A XORNADA DE ACOLLIDA PARA TODAS AS FAMILIAS DO ALUMNADO DA ESO PARA QUE TEÑAN UNHA PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO TANTO CO NOVO EQUIPO DIRECTIVO COMA COS/COAS TITORES/AS.

 

AGARDÁMOSVOS! 

INICIO DO CURSO 2019/2020

   

Lembrade que o vindeiro luns 16 de setembro comezan as clases do curso 2019/2020 no horario habitual de 8:45 a 14:15.

Ese mesmo día comezarán os servizos de transporte e de comedor.

Distribuir contido


by Dr. Radut