Skip to Content

Dirección

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS: INICIO DO CURSO

Unha vez rematadas as xuntanzas informativas coas familias dos mozos e mozas da ESO, publicamos no arquivo adxunto a información básica que foi explicada en ditas reunións tanto para aclarar as dúbidas que puideran quedar como para dar esa mesma información ás familias e ao alumnado do bacharelato (aínda así, este alumnado recibirá de primeira man a información o primeiro día de clase). 

PREMEDE AQUÍ PARA VER O ARQUIVO

 

Por outra banda, recordade que as familias que non o fixestes aínda debedes entregar o primeiro día de clase dos vosos fillos e fillas a Declaración Responsable de cumprimento do protocolo COVID no relativo á detección de posible síntomas compatibles coa enfermidade.

Nota: No caso do alumnado maior de idade seralles entregado outro modelo o primeiro día de clase.

REUNIÓNS INFORMATIVAS PARA AS FAMILIAS

O vindeiro luns 21 de setembro celebraremos unhas reunións informativas dirixidas ás familias da ESO para  explicarlles de primeira man todo o relativo ao inicio de curso e ao plan de adaptación do centro á situación pola COVID-19.

Estas xuntanzas terán lugar no salón de actos do instituto e, para o acceso a dita sala, abrirase a cancela do patio exterior do CEIP. Lembrade que, por cuestións de aforo, só poderá asistir un membro por familia que deberá cumprir todas as medidas de hixiene e seguridade.

O horario de cada reunión será o seguinte:

1º ESO / 2º ESO:  19:30

3º ESO / 4º ESO: 20:30

 

NOTA: O alumnado de Bacharelato será informado no primeiro día de clase polos seus titores e polo equipo directivo. Así mesmo, entregaráselle toda a documentación correspondente.

 

Por outra banda, e aínda que o Plan de Adaptación á situación COVID-19 do centro será presentado a toda a comunidade educativa en breve a través desta páxina web, consideramos necesario indicar a continuación diferentes documentos de interese para as familias:

 

CALENDARIO DE INICIO DO CURSO 2020/2021

O vindeiro mércores 23 de setembro será a data do comezo oficial do curso 2020/2021 na ESO e no Bacharelato. 

Nesta ocasión o inicio será escalonado segundo o seguinte calendario:

  • MÉRCORES 23: 1º ESO, 2º ESO e 1º Bacharelato
  • XOVES 24: 3º ESO e 2º Bacharelato
  • VENRES 25: 4º ESO

O horario será o habitual do centro, con entrada ás 08:45 e remate das clases ás 14:15 horas.

Haberá servizo de comedor e de transporte escolar desde o primeiro día, sendo a hora de saída do alumnado que vai no transporte  ás 14:45 horas.

IMPORTANTE: Cambio no inicio do curso escolar

Segundo as últimas novas chegadas desde a Consellería adíase o inicio do curso ata o vindeiro mércores 23 de setembro nas mesmas condicións de escalonamento; isto é:

  • Mércores 23 de setembro: 1º ESO, 2º ESO e 1º Bacharelato
  • Xoves 24 de setembro: Incorpóranse os de 3º ESO e 2º Bacharelato
  • Venres 25 de setembro: Incorpóranse os de 4º ESO

Informaremos de todas as novidades sobre o calendario de inicio nos próximos días a través da nosa páxina web.

Saúdos

INFORMACIÓN INICIO DE CURSO

Estimadas familias 

Se ben aínda estamos en período de matrícula extraordinaria (ver calendario), xa estamos a traballar na organización do inicio do curso que empezará o vindeiro mércores 16 e farase, salvo novidade, de forma escalonada do seguinte xeito:

  • Mércores 16: 1º ESO, 2º ESO e 1º Bacharelato
  • Xoves 17:     3º ESO e 2º Bacharelato
  • Venres 18:    4º ESO

Estamos a darlle os últimos retoques aos documentos que temos que elaborar pola situación da COVID 19 (Plan de Adaptación, Plan de Continxencia e Plan de Acollida) para que sexan presentados no Consello Escolar antes do comezo de curso seguindo as instrucións da Consellería (ver instrucións). 

Indicar que temos previsto facer unas xuntanzas coas familias para darvos toda a información. Todo o relativo a esas reunións indicarémolo proximamente na web.

 

Respecto ao fondo solidario de libros, informar que as listas definitivas de adxudicación serán publicadas no taboleiro interior do centro o luns 14 de setembro.

 

IMPORTANTE: Permanecede atentos ás actualizacións da páxina web para mantervos informados.

 

Moitas grazas e moito ánimo!

Distribuir contido


by Dr. Radut